Título: Historia de Cangas, 1900-1936. Unha ribeira de pescadores Autores: Iago Santos Castroviejo e Antonio Nores Soliño Publicación: Edicións A NOSA TERRA. O Fardel da Memoria. Núm. 10, Primeira edición: Xuño de 2005 ISBN: 84-96403-74-2 Páginas: 830
Resumo na contraportada
Historia de Cangas 1900-1936 trata sobre todo das axitacións contemporáneas da ribeira de pescadores, que exercía inicialmente a posesión do mar, foi desposuída dela coa chegada das traíñas, que primeiro combateu e despois adaptou ás súas tradicións e prácticas pesqueiras, armou unha impresionante frota de motoras, tivo fortes conflictos incipientes de clase e desenvolveu unha fermosísima cultura, da que hoxe apenas restan algunhas pegadas.
A trama desta historia termina na traxedia, no espantoso xenocidio iniciado en 1936.
Amplísimo estudo da comarca nesa época. Contén innumerables referencias bibliográficas, documentais e fotográficas. Apéndices en tódolos capítulos, moitos datos biográficos e socio-económicos.
Bibliografía
Santos Castroviejo, I. & Nores Soliño, A. (2005, junio). Historia de Cangas, 1900-1936. Unha ribeira de pescadores. Edicións A NOSA TERRA. O Fardel da Memoria. Núm. 10.