Título: Reboreda: os camiños da identidade Autor: Gonzalo Navaza Editorial: Sociedade Labrego Cultural de Reboreda Fecha: Consultar en línea PDF.
Bibliografía
Navaza, Gonzalo. (). Reboreda: os camiños da identidade. Sociedade Labrego Cultural de Reboreda
Os topónimos son unha riqueza cultural do noso país que se está a perder de xeito irremediable. Miles de nomes de lugares, camiños, montes, aldeas, fontes, veigas e outros, van caendo no esquecemento. Pero esforzos coma este evitan que a perda sexa total. Neste caso non soamente se recuperan, explican e divulgan os nomes, senón que tamén se restauran e rotulan os lugares, camiños e fontes.
Gonzalo Navaza, profesor da Universidade de Vigo, dirixe un grupo de traballo coordinado por Andrés Couñago e composto tamén por Xosé González Martínez e Xosé Couñago Rivera. Trátase dun traballo de recuperación e divulgación da microtoponimia de Reboreda, parroquia do Concello de Redondela. A publicación, editada pola Sociedade Labrego Cultural de Reboreda e subvencionada pola Consellería de Cultura, conta con fotografías de Vitor Vaqueiro.