A semana pasada, distintos meios de comunicación (A Nosa Terra e La Voz de Galicia) anunciaron a saida, de contado, do libro de Santiago Prol. Trata sobre a bibliografia do navegante "galaico-portugués" João da Nova (Xoán de Novoa).
O libro vai ser editado pola Deputación de Ourense.
"Focar o momento histórico da invasión dos Reis Católicos, da fuxida de nobres a Portugal uns, outros á conquista de Granada, é resgatar un capítulo necesário para comprender o pasado aínda presente na devaluación de tantos aspectos da Galiza. Un historiador novo, experto, compenetrado coa memória do País e da súa vila natal, Santiago Prol, elaborou unha bibliografia de Xoán de Novoa: Fascinio das navegacións, surpresa do descoñecido, ilusión dos protagonistas, deseños de naus e caravelas, unha novidade historiográfica a sair do prelo en seguida."
O artigo de Francisco Carballo podedes leelo, por xentileza do xornal "A Nosa Terra", no Foro de Xenealoxia.org: Historia de Galicia.
João da Nova (Xoán de Novoa)
- Detalles
- Categoría de nivel principal o raíz: Guía xenealóxica
- Categoría: Publicaciones
- Visitas: 8128