O Concello de Requena (Valencia) aprobará na sesión plenaria de hoxe a firma dun convenio coa empresa Family Search International para a dixitalización gratuíta de 140.000 documentos do Arquivo Municipal de Requena relacionados con series xenealóxicas (libros de Quintas, de Contribuíntes ou Catastros) dende o século XVIII ata principios do século XX. O arquivo recibirá unha copia de alta resolución, outra para consulta e a posibilidade de consultar os arquivos en Internet a través da páxina de Family Search.
Dixitalización arquivos en Requena (Valencia)
- Detalles
- Escrito por: Ricardo Lago Couce
- Categoría de nivel principal o raíz: Novas
- Categoría: Breves
- Visitas: 9942
