Extraído da Revista Estadística Española números 60, 61, 62 e 63, segundo semestre de 1973 e primeiro semestre de 1974, por Rafael Mir de la Cruz. Traducido o galego por Noelia Muñíz Vidal.

Patronímicos e Apelidos máis frecuente

A formación de plurais

15-16-17. As palabras galegas rematadas en vogal, aínda cando esta forme parte dun ditongo, adoptan o s final nos seus plurais, pero as rematadas en -al e -ar engaden -es: Candales (candal alto e delgado) e Rubiales, formas desusadas; e as menos frecuentes en -es: Casares; pero o corrente é que o -s substitúa simplemente ao -l. Así, Feal fai Feás e Curral (recinto de animais domésticos) dá Currás; mais o antigo galego coñeceu a terminación -ais, polo que subsisten Currais e Novais, xunto ás súas outras dúas formas de plural Currás e Novás, nas variedades dialectais. O catalán, de Casal orixina Casals, e a lingua galega admite as dúas formas derivadas: Casás e Casáis. Estas dúas formas antigas de -ais, en ocasións tritongo, Muruais, perduran no Bierzo (que xeográfica e lingüisticamente debe considerarse de Galicia) e no nordés; e -aes obsérvase nos arredores de Santiago ( Novaes), sendo esta a solución moderna portuguesa (Geraes).

Convén advertir que hai un bo número de vocábulos coa terminación -ás con vogal acentuada, plurais de palabras doutras terminacións: Agrás, Chás, Tembrás.

As palabras rematadas en -an e -on, non exclusivamente galegas, xeran dous plurais, o clásico en -ns: Troáns (posiblemente do “truhanes” castelán, de troulear, divertirse), engadindo -es ou os sufixos -anes e -ones. Estes últimos prevalecen no litoral atlántico: Atanes (de atanar. Curtir as peles), Goyanes (de problemática semántica), empregándose en sentido pexorativo para censurar nomes propios pluralizándoos: Cidranes (os Isidros). Do segundo atopamos Briones (Brión é o mofo da cortiza das árbores), Allones (río) e Tejones, de teixugo ou teixo, animal carnívoro que debeu de ser corrente en Galicia noutros tempos. Os seus derivados non deben confundirse cos do teixo (arboredo destas plantas).

A forma do plural -is é característica das franxas orientais: Balbís, Lugrís, Señarís.

A desinencia -ois, pouco corrente, é tipicamente galega: Cardois, Frois, Lois.

-Ores, non usual tampouco, é tamén característica: Lores, Ozores.

Outras formas de diminutivos

18-19-20. -Elo, -ela, -elos e -elas. Prodíganse bastante, se ben hai nomes coa primeira desinencia, propios de obxectos ou instrumentos, que non implican pequenez: Candelo (candil), Martelo (martelo), aínda que o usual é o emprego nos diminutivos Campelo, Castrelo.

O plural, Carabelos (caraveis), Furelos (ratos pequenos), Monelos (muíños) e Queimadelos, como mostras case exhaustivas, é infrecuente, sendo máis común o feminino entrambalas dúas formas numerais: Paradela (de parada), Caldelas (de caldas, augas quentes).


21. -Elle. O ll latina conservouse en certo número de locucións: Alvarellos, Berdullas, Brandullas (branduras), Cousillas, Boucello, Cortellas, Crucella, Perille, Soutullo, e nunha pequena cantidade de antigas desinencias: Brenlla, Noenlle e Senlle, como exemplos, de incerta etimoloxía. O sufixo máis característico, de inconfundible orixe galaica, é o primeiramente citado: Bacorelle (de bacoreira, porqueira).


22. -in. Diminutivo peculiar das bisbarras que lindan co Principado de Asturias: Abuín, Eirín, Gudín, Mosteirín (de mosteiro), non desdeñándose en hipocorísticos: Alfonsín, e servindo de terminación a nomes propios usados como apelidos: Medín. Presenta as dúas formas de plural: Rubines, de Rubín, e o primitivo da -ns: Cuntins. -ino é corrupción castelanizante: Sotelino e Carballino por mor de Soteliño e Carballiño, con plurais análogos ao castelán: Ventosinos.

O feminino -ina, é xa propio do bable.

23. -Allo e -ayo. Expresan, así mesmo, cosa minguada ou reducida: Bugallo (excrescencia do carballo), Ramallo (ramaxe ou rama pequena), e algún outro diminutivo, como unxo, Caruncho (couza), é de carácter despectivo.


24-25. -Ada e -Ado. Formas do participio similares ás castelás, con maior profusión da feminina: Taboada (Táboas cortadas), sobre o masculino, Beado, Rosado, e con plurais escasos: Coiradas, Cambados (arqueados) e Bargados (barga, pedra de lousa).


26-27. -Eda e -edo. O mesmo que en castelán (Alameda, Olmedo) adoitan referirse a colectivos, do reino vexetal os máis deles: Alboreda, Abeledo (lugar poboado de abeleiras).


28-29-30. -Ade, -ide e -ido. Si, son construcións do participio xenuinamente galegas, expresivas de calidade, como Caride (caridade), Condide (fundación); ou usadas en adxectivos: Cordide (dorido) ou Aniño (sorprendido, abatido); ou en derivados de nomes propios: Nonide (de Nonius ou de Nonito); ou comúns: Pontide. O de maior frecuencia é -ida: Freijido (lugar de freixos) e Saborido (saboroso). -ode, Illode, é infrecuente, e -odo e -udo son moi raros, Morodo (albedro), Cascudo (de casca grosa) e Ramudo.

-Alde, -ilde e -Aldo. Son elementos terminais máis antigos, aplicados a nomes xermánicos e latinizados Leobalde (Leovixildo), Malde, Mayalde, Fagilde, Ingilde, Novegilde, Faraldo, os máis deles de imprecisa etimoloxía.

31. -Ambre e -obre. Se cadra son desinencias arcaicas de formas verbais, limitadas, segundo o repetidamente citado sabio polígrafo Menéndez Pidal, ao territorio dos antigos artabros: Barallobre (bulicio), Illobre (de illa). Hai variadas mostras toponímicas e onomásticas de dubidosa etimoloxía.

O participio regular activo -ante, -ente ten escasa representación: Carboentes, Follente, Querentes, Serantes (posiblemente de serán, tarde ou vixilia). -Eito non alcanza tampouco máis relevancia, aínda que é completamente galego Barbeito (barbeito), Feito (feito ou suceso), non é corrente este participio pasivo irregular.

Outros sufixos

32-33. -Ande, -ende e -onde. Son remotos sufixos, posiblemente de carácter adverbial, que indican proximidade a maior parte, observándose en raíces xermánicas e latinas, de significado non sempre coñecido no primeiro caso: Baamonde (variantes Vaamonde e Bahamonde), Gomesende (de Gome), Rosende (de Rosendo), Bande e Cernande.

-Unde, -Inde é deformación dialectal: Ousinde, de Ousende. Outra é Aldegunde, Bragunde.

34. -Ulfe. É desinencia característica, tomada do xermánico, wolf, “lobo”, de frecuente aplicación metafórica, por pobos desta raza na Idade Media, como expresión de valor, engadida a nomes persoais. Áchase o vocábulo sen ningún aditamento, Ulfe, aínda que é moi raro.


35-36. -Oso e -osa. Desinencias utilizadas en adxectivos, ao igual que na lingua de Castela, para indicar calidade en grao sumo: Barroso, Orosa (montañosa).

-Eijo e -Ejo. Son galegos en exclusiva: Eixo (eixe). A segunda desinencia é unha corrupción da primeira Requejo, Requeijo (Requeixo, leñeira e aba dun monte en declive cara un val).

Outra forma é -enjo: Regenjo (realengo ou terras da Coroa).

-Axe e -age. Denotan, xustapoñen ás súas correspondentes raíces, conxuntos de cousas de igual clase: Amboage (de amboa recipiente), ou obxectos de orixe animal: Lage (laxar, de lousa).

-El e -ol, non propiamente de Galicia, teñen algunhas aplicacións: Caravel (caravel), Prol (proveito), Fardel (morral), Orol (montañoso).

-Ul. Malia a súa escaseza, parécenos galego en exclusiva: Jul, Marful, Martul.

-En e -un, cos seus respectivos plurais, non alcanzan representatividade: Chorén, Miguéns, Serén, Colúns, Cuns.

37. -Io. Pode expresar unha calidade abstracta: Grandío (grandeza), pero xeralmente serve de terminación de adxectivos substantivados: Tovío (toxo novo).

O anteposto e unido ao nome, figura en certo número de apelidos: Ocampo (o campo), Ogando (o gando), Obanza, Ovando.


38-39. -Dá e -Do. Preposicións do xenitivo, con maior proporción da segunda, aglutinadas aos nomes respectivos, implican un grupo de apelidos de importancia Dacruz, Daorden, Doamo, Dovale.

Terminacións ditongais

Numerosas e típicas da rexión, aínda que non faltan noutras. Ademáis dalgunha xa exposta, relacionaremos as seguintes:

40. -Ay. Propia, así mesmo, de apelidos cataláns, observámola en especial nalgúns medievais e en locucións de maior antigüidade: Astray (procede de Asterio), Balay (nome celta expresivo de vasoira).


41. -Ao. Sufixo característico do galego e do portugués, usado de xenitivo para denotar patria ou procedencia, como en Mariñao (das marismas), ou utilizado en adxectivos e nomes propios e comúns: Ardao (variante de Aldao), Vao (vao), de doado pluralización: Probádevos, Timiraos.


42. -Ea. Sendo máis propio do éuscaro, serve en galego de terminación feminina de nomes acabados en -e: Forte, Fortea, ou ben entra na composición de palabras dese xénero: Lea (loita).


43. -Ey. Sufixo de nomes propios, polo común de ascendencia sueva, que aínda sendo complemento da onomástica catalá é moito máis corrente en Galicia con varias ducias de topónimos e os paralelos onomásticos: Asorey (preténdese que proveña de Asuero), Juanatey e algún outro derivado de nomes comúns: Silvarrey.


44. -Oa. Na formación do feminino: Lagoa, ou en palabras exclusivas deste xénero: Figueroa.


45. -Oy. En bo número de derivacións obsérvase este ditongo, que, coma nas rexións pirenaicas, posponse ás máis variadas raíces: Filloy, Quiñoy e Vascoy ou Bascoy.

-Ou. Antiga e desusada desinencia: Carou, Erviñou.

46. -Ua. Máis característicos do País Vasco, inseríndose en diversos vocábulos galegos: Insua (illa), con algúns elementos representativos do plural: Bascuas, Brantuas.

-Aa-. A duplicación do a é única de Galicia, dándose en reducido número de locucións. Como sufixo achámola na palabra “céltico” ou na prerromana Sáa (defensa fortificada, fortaleza), topónimo e apelido, con formas compostas: Saavedra (defensa antiga), Saafigueroa (derivado da figueira), Saamil, entrando o ditongo en diversos antefijos: Caabeiro, Baamil, etc.

-Oo. Case exclusivo de Galicia: Feijóo ( feixó, faba). Grijóo (na bisbarra de Bruaba, Muxía; Grixó é diminutivo de Grixa, forma apocopada de Igrexa), Riobóo (río bo). Hai a excepción de Cóo, lugar do municipio de Los Corrales de Buelna ( Santander), mais, non obstante, este apelido alcanza notable densidade na chamada Costa da Morte.

-Uy. A desinencia, corresponde a nomes vasco-navarros. Localizamos o apelido Permuy, de certa frecuencia nas bisbarras ferrolás, ortigueirás e de Pontedeume, sen que exista topónimo galego que o xustifique.

Escribiuse que en galego non hai tritongos, aínda que algunhas palabras os conteñen. Tal é o caso de Cagiao (de caxigo ou carballo novo) e Giao (Xulián).

Non pretendemos sistematizar toda a frondosa gama de sufixos galegos. Algúns, non típicos, como os que corresponden a vogais acentuadas en singular, Parajó, Tié, ou en plural, Alborés, Carnés, Leirós, Mirós (xenitivos), e moitísimos máis quedaron esquecidos. O innegable é que, a diferenza do castelán, no que as terminacións son doadas de enumerar, no galego, o mesmo ca noutras linguas peninsulares distintas da oficial española, o cómodo moldeamento dos seus elementos compositivos, xunto coas alteracións dialectais, foi creando ao longo do tempo esta caterva de variacións de interminable exposición.


... continuará

Apellidos de Galicia

...

En Apelidosgalicia.org disponemos de información de mas de siete mil apellidos. Su distribución por concellos, comarcas de Galicia, por provincias, comunidades de toda España, su etimología, nobiliaria, personajes famosos, heráldica...

Ir a Apelidos de Galicia

Los apellidos gallegos más comunes

García, González, Rodríguez, Fernández, López, Martínez, Sánchez, Pérez, Gómez, Martín, Jiménez, Ruíz, Hernández, Díaz, Moreno, Álvarez, Muñoz, Romero, Alonso, Gutiérrez, Navarro, Torres, Domínguez, Vázquez, Ramos, Gil, Ramírez, Serrano, Blanco, Suárez, Molina, Morales, Ortega, Delgado, Castro, Ortíz, Rubio, Marín, Sanz, Iglesias.

Los apellidos gallegos menos frecuentes

Vilaboi, Seija, Vequez, Allón, Apariz, Gorrity, Desantiago, Martiñeira, Ensa, Doejo, Subirol, Bermolen, Domuiño, Quiveo, Croque, Peirallo, Brisaboa, Láncara, Forcade, Puñín, Cabeceira, Menaz, Outeriño, Do Val, Galáns, Panisse, Gasamán, Villasanín, Ermida, Cantarilla, Lostre, Gaveiras, Dejuane, Segades, Salcido, Astrar, Donacimiento, Taberneiro, Mueso, Corsanego.

...

¿Porqué llevamos apellidos?

Los nombres y apellidos son mucho más que simples etiquetas; son reflejos de la historia, la cultura y las tradiciones de las personas que los llevan.

Apellidos