I XERACIÓN
- Alonso de Lanzós. Señor da casa do seu nome e da de Louriña,
Casou con Dª. María de Castro. Filla de D. Pedro Bermúdez de Castro e de Dª. Leonor de Castro. Srs. de Montaos). Tiveron por filla a:
II XERACIÓN
- Dª. Isabel de Castro. Casou con D. Fernán Pérez de Andrade, señor de Oíns, As Mestas.Tiveron por fillo a:
III XERACIÓN
- Alonso de Lanzós y Andrade. Fundador do morgado de S. Antoniño, señor da Louriña, as Mestas, (e o resto dos señoríos dos seus pais).
Casou con Dª. Inés Enríquez de Monroy. Filla de D.García Sarmiento, señor de Sobroso e Salvaterra, e de Dª. Francisca Enríquez de Sotomayor, filla dos señores de Sotomaior e Condes de Caminha. Tiveron por fillo a:
IV XERACIÓN
- Fernán Pérez de Lanzós y Andrade. Sucesor en tódolos morgados casas e estados dos seus pais.
Casou con Dª. Ana de Sotomayor y Osorio. Filla dos señores de Soutomaior. Tiveron por fillo a:
V XERACIÓN
- Juan de Lanzós y Andrade, sucesor. Casou con Dª. Aldonza de Novoa y Lemos, 20ª señora de Maceda. Tiveron por fillo a:
VI XERACIÓN
- Alonso de Lanzós. Iº Conde de Maceda,Vizconde de Laiosa, señor da Louriña.
Casou con Dª. Mariana de Ayala Córdoba y Osorio. Filla dos condes de Villalba, Andalucía. Tiveron por fillos a:
VII XERACIÓN
- Dª. Ana de Lanzós. Casou en Sobrán en 1665 con D. Fernando de Valladares, II Vizconde de Fefiñáns, de quenes veñen os actuáis condes de Maceda.
- D. Bernardino de Lanzós y Andrade y Ávalos de Ayala. Nado en Madrid en 1636, II Conde de Maceda.
Casou con Dª. Baltasara de Montenegro. Señora de Mourente. Tiveron por fillos a:
VIII XERACIÓN
- D. José Benito. III Conde de Maceda. Casou con Dª. N. Taboada Castro y Villamarín.
- D. Francisco.
- Dª. Teresa.
Alonso de Lanzós y Andrade, tío do 1º conde de Maceda, contrariamente ao que cren algúns xenealoxistas, eu creo que tivo descendencia, e parece que levou a casa de Lanzós e a de Sto. Antuíño antes que o seu irmán D. Juan casou con María Leal Araujo,e deles descende Gerónimo de Lanzós, que casou con N. Barros Correa, con descendencia abundante, entre a cal se atopaba D. Antonio Ferreira y Lanzós, crego de Baión.
D. Felipe de Ortega y Lanzós, foi abade de Petelos, ignoro qué clase de vínculo tería con esta familia.Era irmán de Dª.Benita de Lanzós y Andrade, casada na parroquia de Cesantes concello de Redondela (Pontevedra) en 1669 con D. Domingo Prego de Montaos, de Santa Cristina de Cobres concello de Vilaboa (Pontevedra). Era pai destes dous Juan de Ortega y Lanzós.Tamén o era de Dª. Ana de Ortega y Lanzós casada con. Gabriel Lorenzo de Beiro do S.O. c.d.
