I XERACIÓN

  • Vasco Ozores
    Casou con Aldoça Rodrigues, de Melgaço (Portugal). Tiveron por fillo a:

II XERACIÓN

  • N. Ozores
    Casou con N. Ruiz de Novaes. Tiveron por fillo a:

III XERACIÓN

  • Juan Ruiz de Novaes. Señor de varios señoríos.
    Casou con Isabel Rodrigues de Sousa, descendente do rei D. Afonso III. Tiveron por fillo a:

IV XERACIÓN

  1. D. Vasco Ozores. Señor de Teáns.
    Casou en 1496 con Dª. Ana Páez de Sotomayor. Filla de Diego de Reinoso e de Dª. Mayor de Sotomayor, filla ésta de Pedro Madruga e da súa muller. Tiveron entre outros fillos a V.
  2. Constanza de Novaes Ozores. Casou con D. Gonzalo de Aballe?.

V XERACIÓN

  • García Ozores de Zúñiga. Señor de Teáns.
    Casou con Dª. Aldonza de Sotomayor y Zúñiga (que segundo varios xenealoxistas era filla natural do comendador D. Diego, fillo de Pedro Madruga e da súa muller). Tiveron por fillos a:

VI XERACIÓN

  1. D. Fernando Ozores
    Casou en 1585 con Dª. Antonia de Silva e Meneses. Filla de D. Jerónimo de Saa de Miranda, da quinta da Tapada e de Dª. María de Meneses 'a Galega'. Tiveron por fillo a VII.
  2. Dª. Mayor de Zúñiga. Casou con D. Álvaro de Mendoza y Sotomayor, señor de Vistaalegre e Barrantes.

VII XERACIÓN

  1. D. García Ozores.
    Casou en primeiras nupcias con Dª. Inés de Camba. Con sucesión.
    Casou en segundas nupcias con Dª Constanza de Lemos y Sarmiento de Acuña.
  2. D. Francisco (Tamén foi fillo de D. Fernando, aínda que non sei si de Dª. Antonia ou doutra muller).
    Casou con Dª. María Feijoo. Tiveron por fillo a VIII 1.
    Tamén fillos de D. Francisco, ainda que ignoro se de Dª. María Feijoo ou doutra(s) muller(es) e/ou casamento(s) foron VIII 2 a 5.

VIII XERACIÓN

  1. D. Antonio Ozores de Sotomayor y Feijoo. Capitán de Milicias de Sanxenxo e a xurisdición da Lanzada.
    Casou con Dª. Antonia de Saavedra.
  2. Dª. Aldonza Ozores y Guzmán. Monxa.
  3. Dª. Constanza Ozores y Guzmán. Monxa.
  4. Dª. Ana Ozores. Relixiosa.
  5. D. Gregorio Ozores de Sotomayor (ou tamén Ozores Sarmiento).
    Casou con Dª. Elvira de Valladares y Lobera, señora do coto e Pazo do Rial.