Procedían da casa chamada de Lestrove, en terras de Montaos, que por 1770 era propiedade do Conde de Grajal. Un ramo asentouse en Redondela, provincia de Pontevedra.
O arcidiano García Prego de Montaos fundou o convento xustiniano de Vilavell.

  • Sobriño seu foi Juan Prego de Montaos, calificado de fidalgo nun reconto de veciños de Vilavella e Redondela de 1561, veciño do ''lugar de los Pasales, junto al río''. Juan casou con Catalina López Loba, orixinaria da antiga fortaleza do Pico Sacro, e foron pais do:


  • Capitán Nuño Prego de Montaos, que casou con María Agulla Bullón Figueroa, orixinaria da casa de Figueroa, e foron pais de:
    • 1.- Martín Prego de Montaos.
    • 2.- Lope de Coronado, presbítero, veciño (e coido que abade) de Quintela.
    • 3.- ldo. Juan de Cordido, tamén relixioso, e veciño de Reboreda, (non sei se abade tamén).

  • Martín Prego de Montaos casou con Antonia de Ortega y Lanzós, oriunda da casa da Louriña: Lanzós y Andrade, da que tamén viñeron os condes de Maceda. Martín e Antonia t.a.:
    • 1.- D. Martín Prego de Montaos (ou Cordido) ''el Mozo''.
    • 2.- D. Nuño Prego de Montaos y Lanzós, bautizado en Vilavella, Redondela, o 30 de Xaneiro de 1649.

  • D. Nuño Prego de Montaos y Lanzós casou en San Lorenzo de András, concello de Vilanova de Arousa, en 1682 con Dª. Mariana de Prado, que polos Prado viña da casa de Friol, e procedía tamén da casa de Mirapeixe polos Gayoso; e cuia avoa pola nai era Dª. Mayor de Mendoza, filla dos 5ºs señores da Serra de Outes, a cal estivera casada con D. José de Caamaño, señor de Rubiáns. D. Nuño e Dª. Mariana t.a:
    • 1.- D. Esteban, bautizado en 1682, un día despois do casamento dos seus pais. Foron os seus padriños D. Francisco e Dª. Teresa de Lanzós fillos do 2º conde de Maceda D. Bernardino, nado en 1636, e irmáns do 3º D. José Benito, nado no 1670.
      D. Esteban casou con Dª. Benita de Araujo, filla dos señores de Madarnás e prima carnal do VIII Conde de Amarante.
    • 2.- D. Antonio Benito, n.1684. Casado cunha muller nobre da comarca do Salnés c.d.
    • 3.- D. Carlos, casado con outra muller fidalga do Salnés c.d.
    • 4.- Dª. Mariana, n.1687, casada con D. José Buceta.
    • 5.- D. Manuel Francisco.
    • 6.- Dª. Gaspara Prego de Montaos, que casou con Fernando Miguens Catoira, c.d.

  • D. Manuel Francisco, n.1695, afincado en Padriñán, Sanxenxo, casado con Dª María Gómez Valladares, con descendencia. Foi filla de ambos:


  • Dª. Josefa Benita, que casou con D. Rosendo Buceta e a súa descendencia levou o pazo do Virrei. Deles foi descendente:


  • D. Deogracias Buceta Barbeito y Prego de Montaos, que era dono do pazo na primeira metade do século XIX.

    Na actualidade pertence, ó parecer por compra, a unha familia de apelido Acuña.