I XERACIÓN

  • Álvaro Gil Abreu 'el Viejo', con antepasados nas casas de ''Hebreos''(Abreus?) e Besejos (en terras de Valença do Minho), foi abade da parroquia de Ribarteme concello de As Neves. Fundou as casas morgados e vínculos de Barro e Fontán. Tivo por fillos a:

II XERACIÓN

  1. Álvaro Gil. Abade da parroquia de Ribarteme. Tivo por fillo a III.
  2. Leonor Gil Araujo Oya Benavides
    Casou con Alonso Pereira de Castro Ozores de Sotomayor Oya y Benavides, fillo dos señores da Torre de Raxoi (Vide).

III XERACIÓN

  • Álvaro Gil "de Buena Memoria”. Abade da parroquia de Ribarteme.
    Con Juana Fernández tivo por fillos entre outros a:

IV XERACIÓN

  1. Álvaro Gil (Araujo), (que seguiu a liña da casa-torre de Barro).
  2. Fernán Gil, que herdou a casa da Fontán. Tivo por fillo a:

V XERACIÓN

  • Juan Gil Araujo. Herdou ó seu pai.
    Casou con D.ª Leonor Troncoso. Tiveron por fillos a:

VI XERACIÓN

  1. Susana Gil Troncoso. Sucedeu aos seus pais e seguiu a liña da casa.
    Casou en 1635 e velouse con Juan Gil Falcón. Tiveron por filla a VII.
  2. Gregorio Troncoso relixioso (de oficio), que tivo descendencia ilexítima con D.ª Inés Suárez de Puga e segundo dicían morreu en Roma litigando polo beneficio de Ribarteme.

VII XERACIÓN

  • María Gil Troncoso Falcón. Bautizada en 1633. Herdou a casa e presentou o beneficio de Santiago de Ribarteme concello de As Neves (a casa de Barro presentaba o de S.Ciprián)
    Casou con Gregorio de Castro Ulloa. Tiveron por fillos a:

VIII XERACIÓN

  1. Gregorio de Castro Ulloa. Bautizado en 1655. Crego presbítero.
  2. Antonio Gil de Castro Ulloa. Baptizado en 1662. Herdou o morgado.
    Casou na parroquia de Santiago de Ribarteme en 1698 con D.ª María de Ocampo (parece que foi baptizada en 1670 en Ponteareas), foron dispensados en 3º e 4º grao de consanguinidade (para a súa xenealoxía ver Ocampo – Angoares – Ponteareas).
    Tiveron por fillo a:

IX XERACIÓN

  1. D. Gregorio Gil de Castro. Baptizado en 1703). (Non eran nin D. Gregorio nin a súa nai Mosquera y Aballe como aparece no libro V do Museo de Tuy, de 4 1ºs apelidos polo menos). Mosquera y Avalle era o seu fillo D. José Gil de Castro Mosquera y Avalle,
    Casou en primeiras nupcias con D.ª Josefa Troncoso Mariño y Mosquera, de Leirado. Tiveron por fillos a X 1 e 2.
    Casou en segundas nupcias na parroquia de Santiago de Ribarteme en 1755 con D.ª María Jacinta de Araujo, veciña da parroquia de Santiago de Ribarteme. (para a súa xenealoxía ver a linaxe “Araujo – Setados – As Neves”). Tiveron por fillo a X 3.

X XERACIÓN

  1. D. José Gil de Castro Mosquera y Avalle
    Parece ser que casou en 1772 cunha tía da muller do neto do seu meio irmán. Non debeu de ter descendencia. Pois sucédeo o seu meio irmán (non enteiro como se di nun documento do Arquivo Histórico Diocesano de Tuy, ou como o pon o que fixo a xenealoxía do libro ou tomo que citei e que alí se atopa) X 3.
  2. Domingo.
  3. D. Manuel Gil de Castro. Bautizado en 1757.
    Francisca Giráldez, veciña da parroquia de Santiago de Ribarteme. Tiveron por fillo a:

XI XERACIÓN

  • Manuel Benito Gil Giráldez, sucesor na casa de Fontán.
    Casou na parroquia de Sela concello de Arbo (Pontevedra) en 1809 con Juana Gayoso Blanco. Nada en Mos en 1786 (para a súa xenealoxía ver Gayoso – Corzans – Salvaterra de Miño). Tiveron varios fillos entre eles:

XII XERACIÓN

  • D. José Gil Gayoso. Baptizado na parroquia de Taboexa concello de As Neves. Crego da parroquia de Salcedo concello de Pontevedra. Sucedeu como dono da casa.
    Casou con María Paadín Dadín (para a súa xenealoxía ver Paadín Dena Meaño). Tiveron por fillas a:

XIII XERACIÓN

  1. D.ª Juana
    Casou cun home apelidado Portas que a primeiros anos do século XX lle cedía ao seu sobriño D.Alfonso o dereito de presentación do beneficio de Santiago de Ribarteme.
  2. D.ª Manuela. Profesora de instrucción primaria.
    Casou na parroquia de Salcedo en 1878 co tamén profesor de instrucción primaria Francisco Álvarez Rodríguez . Baptizado en Porriño en 1845. Tiveron 2 fillos e 2 fillas. Parece que foi o primoxénito XIII.
  3. D.ª María Dolores.

XIII XERACIÓN

  • D. Alfonso. Baptizado como Ilefonso Ramón en 1879. Foi párroco da parroquia de Quintela concello de Redondela (Pontevedra).