I XERACIÓN

  • Álvaro Sánchez. Parece que era fillo de Pedro de Castro Araujo e Cristina, neta de (III) Álvaro Gil.
    Casou con Cristina Álvarez. Señores da casa de Cortegosa parroquia de Ribarteme concello de As Neves (Pontevedra). Tiveron por fillo a:

II XERACIÓN

  • Manuel Pereira de Castro. Alférez do Conde de Salvaterra.
    Casou con Dª María de Castro Ulloa e Moscoso. Señores de Grixó. Tiveron por fillo a:

III XERACIÓN

  • Capitán D. Álvaro Pereira de Castro Ulloa e Moscoso. Capitán que foi nos tercios de Flandes. Señor da casa de Grixó.
    Casou con D.ª Isabel de Oya (para a súa xenealoxía ver a linaxe “Oya”).