I XERACIÓN
- Gerónimo de Saravia. Rexedor da cidade de Vigo cca. 1606-1615, I señor xuridiscional (por compra) do coto de Santo Andrés de Cedeira (actual parroquia do concello de Redondela) desde 1635.
Casou con N.N. sendo filla deste matrimonio e herdeira do seu pai:
II XERACIÓN
- Dª.Leonor Pereira e Sarabiaz. II señora de Cedeira, herdeira dos maiorazgos que fundaron o seu pai e o seu avó Diego Pereira, veciño de Pontevedra.
Casou en primeiras nupcias co capitán D.Lope García de Portillo.
Casou en segudas nupcias co capitán D.Blas Pinto de Negreiros. Cabaleiro da Orde de Santiago.
Foi fillo do primer matrimonio:
III XERACIÓN
- D.José García de Portillo. III(ou IV) señor de Cedeira.
Casou con Dª.Ana María de Llamas e Rivera. Con fillos e fillas cuxa sucesión non parece ter chegado ó día de hoxe.
De calqueira xeito, dende o mesmo día da defunción de D.José de Portillo, no ano 1686, o señorío parece que pasou a: D. José Pestaña e Llamas e á súa muller Dª. Antonia Jacinta Pinto de Negreiros (baptizada na parroquia de Santa María de Vigo no 1656).
Éstes foron sucedidos por D.Blas Francisco Pestaña. Foi capitán de Granadeiros e Gobernador Interino da Praza de Vigo. Casou con Dª.María Juana Chumacero de León, tendo por fillo e sucesor a: D. Juan Francisco Pestaña y Chumacero (Cedeira, 1710), que chegaría a ser Gobernador de Tucumán,no virreinato de Río de la Plata.
En 1778 era señor de Cedeira D. Juan Cayetano del Manzano Pestaña e Chumacero, que residía en Albunquerque (Extremadura).
Gerónimo de Sarabia tivo un fillo natural con Dominga Hernández, chamado tamén Gerónimo de Sarabia, que foi escribán dos Reinos e Recetor dos Rs.Cs.dE S.M. Casouse con Dª.María Cortés “una parienta de la mujer del Licenciado Pablos de Vitoria, Abogado de los Reales Consejos”. En 1660 tiñan 2 fillos. Gerónimo, alegando estar na probeza, non teren el e a súa muller recibido dote polo casamento e non poder sustentar a familia fixo demanda de alimentos a D.Blas Pinto de Negreiros, marido da súa irmá de pai, herdeira de dito seu pai. A súa muller cecais fose da familia de Hernán Cortés e parente dos Marqueses do Val de Oaxaca, en México.Foron veciños de Madrid. O fillo que entón tiñan era D.Gerónimo Saravia e Cortés (ou Cortés só, como se lle chamaba e el mesmo firmaba moitas veces), que en 1678 era veciño de Vigo e casou con dispensa coa súa parenta (prima) Dª.Antonia Touzedo e Araújo, filla de D.Mauro Touzedo e de Dsa. Alº., veciños da parroquia de Nespereira concello de Pazos de Borben. Antes do casamento tiveran 2 fillas: Dª.María e Dª.Gerónima. E despóis aínda tiveron a Dª.Josefa. As 3 casadas. Dª.Josefa cunha soa filla pra cando testou. Dª.Gerónima con varias fillas e alomenos un fillo. E Dª.María con alomenos 2. Das fillas de Dª.Gerónima teñen descendencia viva nos nosos días. Espallada alomenos polo barrio de Rande parroquia de Cedeira, parroquia de Negros, parroquia de Cabeiro (as tres pertencentes o concello de Redondela), Santiago de Compostela e Vigo.
