Os Cuesta procedían da parroquia de Torazo concello de Cabranes (Asturias) e se afincaron na cidade de Vigo
I XERACIÓN
- Manuel de la Cuesta.
Casou con María del Carmen Obín Barreda. Veciños de Torazo. Tiveron por fillo a:
II XERACIÓN
- Sebastián Antonio de la Cuesta Obín. Presentou testemuñas en Vigo en 1824 para acreditar a súa fidalguía. Coronel. Deputado a Cortes.
Casou con Josefa Núñez Fernández (para a súa xenealoxía ver Núñez Casa de (Vigo). Tiveron por fillos a:
III XERACIÓN
- Justo Pelayo Cuesta Núñez. Nado en Marín o 1 de novembro de 1823. Falecido en Madrid o 15 de abril de 1889. Un dos grandes políticos e deputados galegos do s. XIX. Doutor en Dereito.
Casou con Juana Loriga Taboada. Filla de Antonio Loriga Reguera. Xeneral. Deputado a Cortes (para a súa xenealoxía ver Loriga Joaquín aviador). - Javier Cuesta Núñez
- Maria Gloria Cuesta Núñez
- María Dolores Cuesta Núñez.
Casou con D. Antonio Urzaiz Castro. Brigadier. Tiveron por fillo a VI.
IV XERACIÓN
- Ángel Urzaiz Cuesta. Nado en Puerto de Santa María (Cádiz) no ano 1856. Falecido en Madrid o 1 de maio de 1926. Avogado. Deputado a Cortes. Senador vitalicio. Gobernador da provincia de Córdoba. Ministro de Facenda.
Casou con Adela Cadaval. Do pazo de Cadaval (Nigrán).
