TORRE DE XERDIZ concello de Ourol (Lugo).
A linaxe dos Cora é oriunda da Mariña Lucense no bispado de Mondoñedo, comarca Vivairense.
Unha morea de persoeiros de esta noble saga, foron rexidores de Viveiro e Mondoñedo, tendo asimesmo casa nas terras Vilalbesas.
Escudo de Armas
.Traen os Coras, unhas armas que aparecen vencelladas a os Aguiares, a pesares de telas propias. Estas propias figuran en campo de azur, unha árbore de sinople recercada de prata. Da árbore, e pendentes, cinco panelas de gules, mais grande a do medio. Os Pérez de Cora da torre e ferrería de Brabos, adoitan traguer ambolos dous lados da árbore, unha águia e un lión da sua coor, e en fondo de prata.
Como petrucios, no século XV temos o matrimonio de:
Iñigo Gonzalez de Cora
Casou con María Fernández Pita, de quen é sucesor:
I XERACIÓN
- GONZALO PÉREZ DE CORA (o vello). Señor Xurisdiccional de Bravos
Casou con Urraca Fernández Mesía é Aguiar. Tiveron por fillos a:
II XERACIÓN
- PEDRO FERNÁNDEZ DE CORA E AGUIAR. Veciño que foi de san Xulián de Lestrobe.
Casou con D.ª María Fernández Alfeirán e Osorio. Tiveron por fillos a III. - Juan de Cora e Aguiar.
III XERACIÓN
- D. Luis de Cora.
- Capitán. D. PEDRO FERNÁNDEZ DE CORA E AGUIAR. Señor da Ferrería de Bravos.
Casou con D.ª Inés Rodríguez. Tiveron por fillo a:
IV XERACIÓN
- Capitán D. GONZALO FERNÁNDEZ DE CORA E AGUIAR
Casou con D.ª María Pardo Aguiar Baamonde. Tiveron por fillo e sucesor a:
V XERACIÓN
- D. FRANCISCO DE CORA E AGUIAR
Casou con D.ª Manuela Ventura Saavedra e Taboada. Tiveron por fillo a:
VI XERACIÓN
- D. ISIDRO DE CORA E AGUIAR
Casou con D.ª Rosa Pardo Saavedra Montenegro. Tiveron por fillo a:
VII XERACIÓN
- D. PEDRO NOLASCO DE CORA E AGUIAR. Señor da torre de Xerdiz.
Casou con D.ª Rosa Díaz Otero. Tiveron por fillo a:
VIII XERACIÓN
- D. FRANCISCO XEROME DE CORA E AGUIAR
Casou con D.ª María Antonia Cao de Cordido Maseda e Colmenares. Tiveron por fillo a:
IX XERACIÓN
- D. JOSÉ DE CORA AGUIAR E MASEDA
Casou con D.ª Cármen Vázquez Cadorniga e Boado, orixinaria da casa de Cadorniga en S. Martiño do Río Sarria. Tiveron por fillos a:
X XERACIÓN
- D. DARÍO DE CORA E VÁZQUEZ
Casou con D.ª Teresa de Cora e Pasarón. Tiveron por fillo a XI. - D. Cidre de Cora e Vázquez.
- D. Alexandre de Cora e Vázquez.
- D. Daniel de Cora e Vázquez.
XI XERACIÓN
- D. JESÚS DE CORA E CORA. Tenente coronel auditor da armada
Casou con D.ª Elisa de Lira e Montenegro. Tiveron por fillo a:
XII XERACIÓN
- D. Jose de Cora e Lira.
Casou con D.ª Obdulia Treviño Méndez. Tiveron por fillos a XIII. - D. Jesus de Cora e Lira. Xeneral auditor da Armada.
Casu con D.ª María do Cármen López Prieto. - D.ª Tereixa de Cora e Lira.
- D.ª María de Cora e Lira.
- D.ª Rita de Cora e Lira.
- D.ª Asunción de Cora e Lira, monxa.
- D.ª Carmen de Cora e Lira, monxa.
XIII XERACIÓN
- D.ª María Jesus de Cora Treviño
- D.ª Rosa de Cora Treviño
- D.ª Carmen de Cora Treviño
Outros Cora
Cora de Viveiro, provintes da casa de Bravos:
I XERACIÓN
- GONZALO PÉREZ DE CORA
Casou con Urraca Fernández de Aguiar. Tiveron por fillo a:
II XERACIÓN
- JUÁN DE CORA E AGUIAR, viviu en Viveiro a comenzos do século XVII.
Casou con D.ª Juana de Guzmán, que otorga instrumento de dote, xa viuva o 8 de febreiro de 1625, a fin de que sua filla casase con Rodrigo Sánchez de Lama Vivero. Otorgou testamento en 1633, nomeando por herdeiros os seus fillos:
III XERACIÓN
- GONZALO PÉREZ DE CORA E AGUIAR (o Mozo)
Casou con D.ª Antonia Sanjurjo Montenegro. Tiveron por fillo a IV. - D.ª Catalina de Guzmán e Aguiar. Casou con D. Rodrigo Sánchez de Lama.
IV XERACIÓN
- D. Juan Antonio de Cora Guzmán e Aguiar. Viviu na casa familiar da Rua do Sol de Viveiro donde campa unha lampa heráldica (1º Guzmán, 2ºMontenegro 3º Aguiar, 4º Montenegro).
Casou con D.ª Jacinta Somoza e Osorio. Tiveron por fillos a V 1 a 4. - D. JACINTO PEREZ DE CORA GUZMÁN E AGUIAR
Casou con D.ª Juana Pardo de Cela. Foron antecesores de V 5. - D.ª María Montenegro
Casou con D. Fernando Ponce de León. Rexidor de Santa Marta de Ortigueira
V XERACIÓN
- Licenciado D. Francisco Antonio Pérez de Cora Guzmán y Aguiar Cura de Santa María de Galdo.
- D.ª Jacinta Antonia Guzmán e Aguiar. Monxa en Ferreira de Pantón.
- D.ª Josefa Antonia Guzmán e Aguiar. Monxa en Viveiro.
- D.ª María Antonia de Cora Guzmán e Aguiar Somoza Pallares.
Casou con D. Juan Pardo de Viveiro e Pumariño. - D. MANUEL DE CORA E GUZMÁN, da casa de Nete en Vilalba.
Casou con D.ª Manuela Jacinta de Noboa e Quiroga, dona da casa grande de Abol en San Xoan do Campo Lugo.
PAZO DE GRANDAILLE, concello de Alfoz (Lugo)
I XERACIÓN
- DIEGO DE CORA. Rexidor de Viveiro.
Casou con Isabel de Pedrosa. Filla do capitán Andrés de Pedrosa e de sua dona Ana de Prada. Tiveron por fillo a:
II XERACIÓN
- DIEGO DE CORA. Rexidor de Viveiro.
Casou con Isabel de Ron. Tiveron por filla a:
III XERACIÓN
- D.ª MARÍA DE CORA E PEDROSA
Casou con seu parente o capitán D. Diego de Cora e Miranda. Tiveron por fillo a:
IV XERACIÓN
- D. DIEGO VENTURA DE CORA E MIRANDA
Casou con D.ª Rosenda de Cancio. Tiveron por fillos a:
V XERACIÓN
- D. DIEGO BERNARDO DE CORA E MIRANDA
Casou con D.ª María Estrada e Somoza. Tiveron por fillo a VI. - Baltasar de Cora e Miranda.
- Isabel de Cora e Miranda.
- Antonia de Cora e Miranda.
VI XERACIÓN
- D. ANTONIO DE CORA E MIRANDA
Casou con D.ª Josefa Bolaño e Faxardo. Filla de D José Bolaño e D.ª Francisca Faxardo (filla esta de Felipe Sanjurjo e D.ª Francisca Faxardo e Cora), donos do pazo de Grandaille, en Alfoz.
Tiveron por fillo a:
VII XERACIÓN
- D. MIGUEL DE CORA E BOLAÑO
Casou conD.ª Rosalía Prieto Pasarón de Cabarcos. Tiveron por fillos a:
VIII XERACIÓN
- D.ª Teresa de Cora Pasarón. Casou con D. Darío de Cora e Vázquez.
- D. ANTONIO DE CORA PRIETO PASARÓN DE CABARCOS
Casou con D.ª Carlota Mas Villafuerte. Tiveron por fillo a IX. - D.ª Joaquina de Cora e Pasarón.
- D. Manuel de Cora Pasarón.
IX XERACIÓN
- D.PURIFICACIÓN ANTONIO DE CORA MAS VILLAFUERTE.
Fundador do diario “El Progreso” de Lugo. Gobernador civil de Albacete e Ciudad Real.
Casou con D.ª Teresa Sabater Becerra. Tiveron por fillos a:
X XERACIÓN
- Antonio de Cora Sabater.
- Purificación de Cora Sabater.
- María Teresa de Cora Sabater.
- José de Cora Sabater.
- Mercedes de Cora Sabater.
Cora de Mondoñedo
I XERACIÓN
- Juan de Cora. Rexedor de Mondoñedo en 1580. Tivo por filla a:
II XERACIÓN
- María de Cora e Vaamonde.
Casou con Don Lanzarote Mesía e Alfeiran. Tiveron por filla a:
III XERACIÓN
- Josefa Mesía e Cora
Casou con Rafael de Parga e Montenegro. Rexedor de Viveiro.
Outros Cora de Mondoñedo
- D. Pedro Fernández de Cora. Rexedor de Mondoñedo nos anos 1620 – 21.
- D. Alonso de Cora vivía en Mondoñedo por 1714
- En 1797 testou a nai de Luis de Cora rexedor de Mondoñedo
- Moraba en Mondoñedo por 1808 o crego D. Francisco de Cora e Aguiar
- Era procurador de Mondoñedo nas mesmas datas que o anterior D. Antonio de Cora e Aguiar
- Así mesmo como capitular figura D. Gabriel de Cora (Ver Cora de Mondoñedo).
