Antonio Quiroga. Nado na parroquia de Ribas de Sil concello de Ribas de Sil (Lugo). Casou con Antonia de Moure, natural da vila de Chantada.
II XERACIÓN
Francisco Quiroga. Nado na parroquia de Ribas de Sil.
Casou con María Antonia de Vega. Natural da parroquia de Bendollo concello de Quiroga. Filla de Francisco de Vega, natural da parroquia de Bendollo, e Antonia de Losada, natural da casa dos Castros parroquia de Ribas de Sil.
III XERACIÓN
Antonio José Quiroga. Nado na parroquia de Ribas de Sil.
Casou con Juana Losada (para a súa xenealoxía ver Losada Navia Ourense).
IV XERACIÓN
Antonio Luis Quiroga e Losada. Nado na parroquia de Ribas de Sil concello de Ribas de Sil (Lugo) o 14 de xaneiro de 1728 Colexial de Fonseca.
Fonte: Páxina web do arquivo histórico universitario da universidade de Santiago de Compostela
Descubre los vínculos que han dado forma a nuestra tierra, provincia por provincia!