ETIMOLOXÍA

Os Castro galegos, son descendentes directos da familia castelán do mesmo nome. Tomaron o apelido de Castrojeriz. Castrum gerici.

XENEALOXIA e COMENTARIOS

A orixe da linaxe dos Castro, que muitos xenealoxistas trataron de explicar sen muito éxito, sigue a ser un auténtico problema non resolto na súa autentica dimensión.

A grande maioría dos estudosos, parten dun tal Fernando, tomando como referencia os escritos do Conde de Barcelos. Entre as moitas teorias que se teñen feito, do tal Fernando, unhas faino fillo ilexitimo do rei Sancho III, o maior, e Conde Soberán de Castela. Outros autores, supóñeno fillo de outro rei de Pamplona, García Sánchez o de Naxera, morto na batalla de Atapuerca no ano 1054.

A máis sorprendente delas para a nosa historia, fai a don Fernando, fillo do rei de Galiza don Garcia, morto en prisión en 1090. Si esta proposta é certa, este Fernando resulta ser segundo neto. e non fillo nen neto do mencionado Sancho o Maior, en calquer caso ista nova filiación acomódase muito máis as esixencias cronolóxicas.

Eduardo Pardo de Guevara e Valdés, no seu libro "Los señores de Galicia", Tenentes y Condes de Lemos en la Edad Media. Plantexa a seguinte téxis, sobor a xenealoxía da Casa de Lemos e dos Castro galegos. Reproducina neste comentario, por considerar que é a máis documentada en datos xenealóxicos e cronolóxicos, base de calquer estudo credible.

A ORIXEN DO LINAXE

Don Fernando Garcia de Hita.

.

Canal Sánchez-Pagín, logrou establecer a filiación correcta de Don Pedro Fernández, facendoo fillo diste Fernando García de Hita, o que corroboráse coa afirmación do Conde de Barcelos, o citar o tal Fernando como cabeza da linaxe dos Castro. Abala ista tésis os importantes patrimonios do de Hita na terra de Castrojeriz, -Castrum Sigerici-, onde os Castro tiñan a capitalidade dos seus estados e linaxe.

Tamén seus dous matrimonios:

O primeiro con dona Tigrida, parente ou filla do conde Pedro Ansúrez. Do cal procederían os primeiros Castro.

O segundo con dona Estefanía de Armengol filla do Conde de Urxel. Diste naceron don Pedro Fernández e as súas irmas dona Urraca, Martín e dina Sancha.

Según Pardo de Guevara, Canal Sánchez-Pagín, equivócase o supoñer a Fernando García de Hita fillo do rei Garcia de Galiza; malogrado rei da nosa nación. Ista hipótese susténtase nun documento no que a reiña Urraca, chama: -mea congermana, mea bona parente...- a dita estefanía de Armengol. Como o país de don Fernando chamabase, don García e debía de ser irmán no da nai senón do pai de dona Urraca, temos que o pai de don Fernando, foi don García rei de Galiza. Según Pardo de Guevara ista teoria carece de sustento, xa que non é lóxico que a presenza dunha personaxe rexia, fillo dun rei pasara inadvertida ós seus coetáns.

J. de Salazar, estudando tódalas hipótesis plantexadas a partir do texto do Conde de Barcelos, só considera verdadeiramente documentada, a que refírese a descendencia de Álvar Fáñez e Pedro Ansúrez. Así o conde Fernando García de Hita foi fillo do conde García Ordoñez, morto na batalla de Ucles en 1108.

O argumento principal e irrefutabel e un documento cronístico o de Ibn-Abi-Zar, no que se cita a un tal Iben al-Zand Garsis- isto é fillo do conde don García, como señor de Guadalaxara no ano 1113, cando está perfeitamente documentado que o tal Fernando García de Hita o era xa nos anos 1107 e 1110 . Polo que pode desestimarse que don Fernando era fillo do noso malogrado rei don Garcia. Para J de Salazar o autor árabe non podía facer fillo de conde a quen se supón fillo dun rei. Máis con todo quen era ise posible conde; según o estudosos non podia ser outro que o conde García Ordoñez, privado do rei Afonso VI, e o enemigo máis encarnizado do Cid.

Os primeiros Castro.

Xa dixemos que do seu primer matrimonio, don Fernando tivo os seguintes fillos: Pedro Fernández, primer mestre da Orden de Santiago, Urraca, Martín e dona Sancha.

Do segundo matrimonio tivo os seguintes: Gutierre Fernández, que non deixa sucesisón, mailo seu irmán Rodrigo Fernanded O Calvo, no que continuará a linaxe.

Nista segunda liña imos continuar.

Rodrigo Fernández O calvo, casou ventaxosamente con dona Elo Álvarez, filla do célebre Álvar Fáñez e dona Maior, que o era a súa vez de Pedro Ansúrez, nin máis nin menos que o Conde de Carrión, (Os infantes de Carrión, como son chamados no Cantar do Mío Cid).

Dista unión que xa era realidade no ano 1124, naceron catro fillos varóns e unha muller.: Fernando Rodríguez, chamado -O castelán-, Pedro Rodríguez, Álvaro Rodríguez, Gutierre Rodríguez - onde terá orixe a rama galega-, e dona Sancha.

Os castro Galegos do século XIII.

A orixen da presencia de iste linaxe foraneo, que pronto tómará na nosa terra, señas de identidade propias; remóntase a Gutierre Rodríguez (ou Ruíz), quen era según expuxemos enriba sobriño do Gutierre Fernández de Castro, quen ficara de aio de Afonso VIII, contra a vontade da toda poderosa casa de Lara a súa rival.

Según parece Gutierre Rodríguez (Roderici), pasou a África con mil lanzas, pola presión exercida polos Laras, e prestou servizo os reises mouros, ata que toma camiño a Galiza, para facerse cargo do patrimonio recibido pola súa nai, a tal dona Elo.

Eiquí casou, entre 1172 e 1173, con dona Elvira Osórez, filla do conde Osorio Martínez, un vástago dos Flagínez, moi ben situados nas terras de Campos e Astorga.

Entre os anos 1181 e 1186 o noso Gutierre Roderici, aparece como tenente das terras, de Toroño, Lemos, Montenegro, Villalpando, Sarria e Asturias.

Ista é a descendencia de on Gutierre Rúiz de Castro (Roderici), e dona Elvira Gómez:

  • O primoxénito Fernán Gutiérrez de Castro, continuador da liña da casa de Lemos.
  • Dona Sancha, desherdada polo pái o casar sen o seu consentimento.
  • Alvaro Gutiérrez, Mórdoma Maior de Aragón e despois de León.
  • e Pedro Gutiérrez con moito paralelismo co anterior.

Fernán Gutiérrez

Fernán Gutiérrez, chámase tenente de Lemos entre as datas 1208 e 1217, entre as de 1213 e 1216, simultaneounas coas de Toroño. Na documentación rexia de 1221 aparece como -signifero domini regis-. Tamén figuraba como -Tenente Extramaturam-, que cambiaría pola Tenecia de Monterrosum et Lemos. En 1223 aparece como -Tenente Perticam Sancti Jacobi-, confirmando unha doazón do rei Afonso XI a Igrexa de Santiago.

Morreu no ano 1248 e deixou varios fillos da súa muller, dona Emilia Íñiguez de Mendoza. filla de don Íñigo López de Mendoza señor de Llodio. O primoxénito e sucesor de iste matrimonio foi don Andrés Fernández, a quen sucedeu despois o segundo don Esteban. Houbo ademáis outros dous, dona Sancha que morreu célibe e dona Inés que foi a que casou con Martín Gil de Soverosa, rico-home de Portugal, dista liña descende o Conde de Barcelos. Ai que mencionar que houbo tres fillas máis que non imos a desarrollar.

Andrés Fernández

Como seu pái exerceu a Tenecia da Terra de Santiago, entre 1250 e 1255. Casou con dona Mécia Rodríguez Girón, filla de don Rui González de Girón. Dista unión ficaron duas fillas A primeria foi dona Milia Andrés de Castro, que casou con Martín Gil de Riba de Vizella o Maya. A segunda foi dona María Andrés de Castro, sin descendencia. A Andrés Fernández de Castro sucederalle o seu irmán Esteban Fernández de Castro.

Esteban Fernández

Casou con dona Aldonza Rodríguez de León, curmá de afonso X. Foi un matrimonio tumultuoso, pois celebrouse sen consentimento rexio, con gran disgusto de don Esteban, sabendo cal era a súa linaxe e casa.

Estebán foi un dos conxurados de Lerma, polo que foi amonestado polo rei, amonestacións ás que non fixo caso e siguíu conxurado os ricos magnates, que estaban contra a política rexia.

Fernán Ródriguez

De don Esteban Fernández e dona Aldonza, ficuo como herdeiro Fernán Ruíz - o Rodríguez- de Castro. foi iste un bon e rico home, militou igual co seu pai no bando de Sancho IV, nas loita dos chamados Infantes de la Cerda.

A morte do rei Sancho IV, arrastrou o noso presonaxe don Fernán a actitudes que o levaron a caida da súa casa e estado.

A larga minoría de Fernando IV, levou a súa nai María de Molina a un enfrentamento co irmán do defunto rei o infante Don Xoán, coroado rei de León co apoio dos Infantes da Cerda e infante don Enrique, fillo de San Fernando. As dúas faccións enfrentáronse na xornada das Paredes de las Navas.

Alí apareceu o noso Fernán Ródriguez de Castro, coas súas mesnadas de galegos, a apoiar o xoven rei don Fernando. Máis antes da loita fillo xurar a reiña que había de recibir a heredade do castelo de Monforte e que si non o recibía iríase do campo de batalla. A reiña xurou darlle o castelo, máis con todo o conde don Fernán oito días despois levanta as súas xentes e torna a Galiza, o que foi tomada como deserzón.

Tras iste asunto agochabase as pretensión de nomear a Don Xoán rei de Galiza, o que conviña moito máis a casa de Lemos, xa que no noso páis tiña a maioría das súas terras. Así que o conde de Lemos, situouse en Galiza, onde o acompañou o infante don Xoán con apoio do rei de Portugal.

No ano 1340 a situación deu unha volta e o castelo de Monforte estaba cercado polo Infante don Felipe e don Fernán Rodríguez de Biedma. Os de Castro suberon dende Ourense e presentaron batalla, onde o Fernán Rodríguez de Castro foi apresado e morto. Cérrase asi a primeira estapa da casa de Castro de Lemos.

A casa de Lemos pasa a Casa Real

Despois do episodio anterior, os reises de Castela, querrán asegurarse o dominio das terras galegas, situando na súa cabeza nobiliar os seus vástagos.

Así o xovencísimo infante don Felipe, irmao do rei Fernando IV, recibíu, ademáis dos estados de Cabrera e Rivera, da encomenda do obispado de Lugo, o adelantamento de Galiza e a poderosa Pertiguería Maior de Santiago, verdadeira peza clave do goberno de Galiza.

A morte de Felipe acontecida no ano 1327, sucedeulle o grande privado de Afonso XI, don Alvar Núñez Osorio, iste segundo persoaxe sería o primerio en recibir o tíduo Condal deTrastamara de Lemos e Sarria, ademáis do señorios de Rivera e Cabrera.

Mentras tanto un novo persoaxe da Casa de Castro, comenzaba a coller pulo na corte portuguesa, onde ficaba exiliado . Don Pedro Fernández de Castro, fillo do malogrado Fernán Ruiz de Castro e a súa muller dona Violante Sánchez de Castela, filla natural e tamén a maior do Rei Sancho o Bravo.

Dista unión houbo tamén dona Xoana de Castro que casou con don Alonso de Castela, señor de Valencia de Campos e Mansilla, único fillo do infante Don Xoán, señor de Valencia e Dueñas, tutor que fora de Afonso XI.

Pedro Fernández de Castro

Despois da morte do seu pai Fernán Ruiz de Castro, as portas mesmo de Monforte, o seu fillo que era un cativo, Pedro Fernández de Castro, foi posto baixo a tutela de Lourenzo Suárez de Valladares, quen o trasladou a corte de Alfonso IV de Portugal para protexelo de calquer peligro de persecución de Fernando IV de Castela. Alí creceu xunto o infante don Pedro, herdeiro da coroa portuguesa.

A súa volta a Galiza recibíu da súa nai dona Violante Sánchez de Castela, con data 18 de febreiro de 1316, tódolas posesións, rendas e castelos que puideralle pertencer, por herdamento do seu pai Sancho IV en Castela e León así como todo o que houbera cerribido por arras do seu marido Fernán Rúiz de Castro.

Despois a dona Violante collerá hábitos de monxa en Salamanca. Así Don Pedro recibíu o patrimonio familiar xunto a encomenda do obispado de Lugo. En 1328 recibíu a Tenecia da Pertiguería da Terra de Santiago.

No ano 1332 don Pedro foi destinguido como Mórdomo Maior do Rei Afonso XI, e tornoulle a jurisdicción da terra de Monforte, que revertera na coroa a morte de Álvar Núñez Osorio.

Descendencia:

Pedro Fernández de Castro, casou en dúas ocasións. A primeira vez con dona Beatriz de Portugal filla menor do infante de Portugal don Afonso. Por segunda vez con dona Isabel Ponce de León , señora de Villanueva de los Infantes, Castrelo y Espinosa.

Dista segunda muller tivo don Pedro os seus dous únicos fillos: Don Fernán Rúiz de Castro II, e dona Xoana de Castro. Fugáz muller do rei don Pedro I o crudel, polo que se chamou reiña de Castela.

Además tivo descendencia ilexítima con dona Aldonza lourenzo de Valladares, a filla do que fora o seu aio. O primeiro destes fillos foron don Álvar Pérez de Castro, primer Condestable de Portugal e dona Inés de Castro asesiñada en 1355 por orden do rei Afonso IV o bravo, disgustado polo matrimonio de dona Isabel có seu fillo o infante don Pedro. Existíu ademáis outra filla ilexitima enterrada en Benavente, foi Milia Pérez de Castro, que seguirá a súa liña pola casa de Vaamonde. Séculos despois ista Milia, aparecerá nos heraldos románticos, como infanta de Inglaterra, o que se ten que achacar, os azos de xustificar as súas orixes, nas casas secundarias da nobreza galega.

Fernán Rúiz de Castro

Foi o sucesor do seu pái en todolos tíduos e prevendas da casa de Lemos. Xa foi un persoaxe influinte na derradeira etapa do reinado de Alfonso XI, acadando o culmen da súa trayectoria politica no reinado de Pedro I. Non imos a pararnos en narrar o que foi unha das etapas, máis turbulentas da historia de España. Non debemos esquecer que isto é un estudo xenealóxico. Sóo debemos apuntar que Fernán Rúiz de Castro, foi a figura principal na que sustentouse, o rei Pedro I, para tentar manterse no poder, fronte o seu irmán enrique de Trastamara. A conxura comenzaría en 1355 en toro e poco despois partiría a Castela e o resto dos reinos de España en dous bandos, o lexitimista de don Pedro, capitaneado por Fernán Rúiz de Castro, conde de Galicia; e o tratamarista, capitaneado polo pretendiente enrique de Trastamara.

O conflicto chegaría a Galicia, convertindo ista en un campo de batalla. Fernán Rúiz de Castro, resistiría e convertiríase no baluarte no que o rei Pedro conqueriría manterse durante un tempo no poder. Axudaban a iste partido os estados de Inglaterra e Portugal, mentras o bando trastamarista, estaba apoiado pola Francia ceibe.

Co paso do tempo e despois do episodio de Montiel, Castro fíxose forte, ate que as mesnadas mercenarias, chegaran a Galiza conquerindo as principais cidades. O conde tivo que fuxir a Portugal, de onde sería expulsado polo rei. Don Fernán Rúiz de Castro morreu no exilio na Baiona Francesa, que de aquela era territorio ocupado polos angleses. Na súa tumba foi escrita, "aqui xaz todala lealtade de España".

Descendencia

Don Fernán Rúiz de Castro estivo casado días veces. A primeira con dona Xoana Afonso de Castela, irmá non lexitima de Pedro I de Castela. Dista muller non tivo descendencia pois o cabo do tempo repudiaríaa, alegando o parentesco que os unía.

Casou en segundas nupcias con dona Leonor Enríquez, filla de don Enrique Enríquez, señor de Villalba de los Barros, Los Nogales, Almendral, La Higuera, La Parra, etc. ademáis era a Xusticia Maior da casa do Rei. Era pois segunda neta do célebre infante Enrique O Senador, irmán de Afonso X O sabio.

O matrimonio tivo dous fillos que o acompañaron o exilio de Baiona de Inglaterra, (Pais Vasco Francés). O primeiro morrería tentando de recuperar o patrimonio familiar e o segundo foi enterrado no convento portugués de Pombeiro.

Non houbo pois descendencia que seguira por ista rama a casa de Castro de Lemos.

Dona Isabel de Castro

É unha incognita a filiación da sucesora dos Castro. Non parece probado que dona Inés fora filla de Fernán Rúiz de Castro. Según a tesis de Salazar e Castro, defendida por fernando de Bethencourt, dona Inés era filla do irmán de Fernán, Álvar Pérez de Castro chamado O Vello. Conde de Arroyolos e Condestable de Portugal.

Casou dona Inés de Castro herdeira da casa de Lemos con don Pedro Enríquez, parente do novo rei, fillo do seu irmán xemelgo o malogrado don Fabrique de Castela, 27º mestre da Orde de Santiago, Señor de Haro, adiantado maior da fronteira, e da cordobesa dona Leonor de Angulo, irmá do célebre señor de Alizne.

Do rei don Enrique II, recibíu seu sobriño o tíduo de Conde de Tratamara e Lemos, recordemos que o morrer don Fernán Rúiz de Castro, foi desposeido de todos os seus tíduos e prevendas; e a súa morte a casa condal reverterá na coroa. No ano 1367, xa estaba don Pedro en posesión de estos tíduos.

Intentaba situar e lexetimar o novo rei o seu sobriño, no seu reino de Galiza. O chegar o noso páis, fixo que o arzebispo de santiago Don Rodrigo de Moscoso, deralle a Pertiguería Mayor de Santiago.

En 1376, recibíu do rei o condado de Sarria, con todolos dereitos e xurisdiccións. Recibía así os tíduos tripartitos inerentes os Condes de Galiza: Os Condados de Trastamara, Lemos e Sarria. En 1372 recibíu a vila de Cedeira, permutada por a vila de Pontes Dyume (As Pontes de Garcia Rodriguez), a García Rodriguez de Valcarcel, fillo de Xoán Freire de Andrade e Constanza García, sobriño de Fernán Pérez de Andrade II O Boo.

Don Pedro recibiría un revés o chegar o Arcebispado de Santiago Xoán García Manrique, persoa da maior confianza do rei, e que quitoulle a don pedro a pertiguería de Santiago. Morto Enrique II, a súa situación en Galiza empeza a tambalearse, metras o novo rei Xoán II, parecía non sentir a menos sinpatía polo seu curmán galego.

O final chegaría cando Xoan II, proclamase rei de Portugal a morte de Fernado I no ano 1383; sita a cidade de Coimbra e apresa a reiña Leonor de Portugal. Unha conxura feita entre don Pedro e o seu irmán don Alonso, para ceibar a reiña foi descuberta, polo que o conde ten que fuxir e deixar a cidade de Coimbra.

Descuberto, o rei Xoan II, ordea a confiscación de tódolos seus bens no 1834.

Foi entón cando a don Pedro non lle queda máis camiño que a deserción e deixar todo vínculo cos casteláns e refuxarse en Portugal. Onde parece que foi que casa con dona Isabel de Castro, irmá da mencionada Beatriz de Castro e sobriña do anterior titular da casa de Lemos Fernán Rúiz de Castro.

Co tempo o rei xoán II, levaralle un xeneroso regalo. Unha nova conxura contra o rei de Portugal cobraba forza. Nesta nova conxura tomaron parte o Conde de Trastamara, xunto os Castro Afincados en Portugal, parientes e achegados a súa muller dona Isabel de Castro. Parece que todo estivo relacionado cos dereitos sucesorios de Inés de Castro e don Pedro de Portugal.

O fallar ista nova conxura, como antes tivo que fuxir de España, fuxeu entón de Portugal. Ficou desterrado en Franza privado de tódolos seus bens. a súa situación era lamentable.

Todo cambiou cando Xoán II, tornalle a súas terras despois da batalla de Aljuborrota, despois de recibir as solicitudes do Conde de Trastamara. Isto conseguiuno gracias a intercesión do Conde de Gerona.

Nunca recuperou o seu poder inerente o tíduo que ostentaba. Foi ensombrecido polo arzebispo de Santiago

Descendencia de D. Pedro de Castro

Nos nobiliarios acostúmase a dar novas de un bón número de fillos e descendentes de d. Pedro de Castro. Basándonos no seu testamento transcrito por fray Malaquías, o único fillo lexítimo e primoxénito, foi d. Frabrique de Castro, quen herdaría os tres tíduos condais, terras castelos e vasalos da casa de Trastamara, Lemos e Sarria, así como os señorios de Cabrera e Rivera, nas terras de Ponferrada. Na súa órbita moveránse ducias de parentes, irmaos bastardos e cabaleiros da segunda liña nobiliar galega. entre os fillos ilexítimos de D. Pedro de Castro imos a destacar:

Dna. Beatriz de Castro.

Casou con don Pedro Álvarez Osorio, e en ela continuará a sucesión da casa de Lemos, na hora da morte do seu irmán don Fabrique.

Dna. Constanza de Castro. Suponse casada con Pedro Díaz de Cadórniga, fillo da súa medio irmá dona Leonor de Castro. Iste mercou a don Fabrique o Couto de Caldelas en 1424. Constanza recibíu a vila de Cedeira como herdanza do seu medio irmán don Fabrique.

Don Alvar Pérez de Castro. Fray Malaquias considerao fillo lexítimo e pái ademais de Alonso Álvarez de Castro. Cousa non credible Álvar donou o seu irmán Fabrique en 1423, os bens que houbera recibido da súa muller dona Inés.

O resto dos fillos mencionados nos nobiliarios, son de "ganancia", enxendrado fora do lexítimo matrimonio. Así ocurrió con don Enrique Enriquez, documentado como fillo de dona María Bernal, o cal recibíu do seu pai as vilas de Viana de Robreda, O Bolo, deixando sucesión do seu matrimonio con dona Leonor Álvarez de Roblreda, señora de Veigas de Camba, Valdetunga e Serraseca.

Outro foi Fernando Enríquez, que acompañou o seu pai as campañas de Andalucía.

Tamén dona Leonor de Castro, que casou con Xoan de Novoa e con segundas nupcias con García Díaz de Cadorniga.

Don Enrique de Castro

.

Morto don Pedro o seu fillo lexítimo porase o fronte da casa de Lemos, don Fabrique. O escenario galego cambiou moito despois da morte de don Pedro. Dende os primeiros meses do 1400 don Lope de Mendoza sustituíu a Xoán Gracía Manrique no arzebispado de Santiago, derrotado e exiliado en terras de Portugal.

Outros problemas que aqueixaron a don Fabrique, foron as loitas polo control das fortezas de Vimianzo e o Broño, que foron retenidas teimudamente por los tenetes Luis de Soga e Pedro Mariño de Lobeira.

Maís con todo don Fabrique conqueríu, nas súas terras galegas construir unha corte de cabaleiros e fidalgos, a máis antigua costume dos Condes de Galiza.

Don Fabrique tivo que marchar a corte castelá, na procura de apoio na teima das súas fortezas de Vimianzo e Broño, que poñían en perigo a súa hexemonía no marco galego.

Neste constexto, debése enmarca a politica de donacións e confirmacións, que o Conde don Fabrique comenzou, con claros expoñentes como a terra de Mandía, en terras de Trasancos (Ferrol), feita o 6 de decembro de 1401 a favor de García Rodríguez de Valcarcel, así como a confirmación das terras de Ulloa e Monterroso, con as que o vello conde don Pedro, houbera favorecido en 1393 a Gonzalo Ozores de Ulloa.

O 25 de febreiro de 1405, estando en Olmedo, don Fabrique deu un paso importante no camiño na corte que se tiña marcado. Da mao do Bispo de Mondoñedo, casou con dona Aldonza de Mendoza, filla de don Diego Hurtado de Mendoza, señor de Hita e Buitrago, ademáis de Almirante de Castela. Foi un matrimonio de intereses xa que nunca tiveron descendencia, e moitos anos despois, a xa viuva tranmite unha visión dun marido crudel e violento.

Dende 1404, o rei Enrique III, reanudou a guerra de Granada, co apoio do infante don Fernando, entón Duque de Peñafiel. A explosión do conflicto coincidíu cas datas da morte do monarca, acaecida o 25 de diciembre de 1040, a cal deu paso a unha rexencia don infante Fernando e Catalina de Lancaster.

Don Fabrique uníuse o escenario da guerra en Andalucía en abril de 1408. Logrando grandes victorias.

Entre tanto a situación do Infante don Fernando, púxose en crisis en Guadalaxara, por unha conxura da reiña e Diego López de Stuñiga. A derrota deste partido con a axuda de don Fabrique, ecumbrou a iste as primeiras liñas da corte, recompensado polo infante don Fernando.

No ano 1404 don Fabrique presentarase a continuar o seu apoio a guerra de Granada. no asalto definitivo a vila de Antequera, os defensores da vila mandaron vir a un familiar do rei, para entablar conversacións para a súa rendición. Foi enviado don Fabrique, que conqueríu a rendición da vila en troques de perdoar a vida os seus defensores.

En 1418 o xa rei de Aragón don Fernando , parecía perder apoios na súa conxura para facerse con o trono de Castela, reemprazando o infante don Xoán. Ista pérdida de poder debeuse as disesións entre os seus dous fillos Xoan e Enrique. en consecuencia a nobreza dividíuse en dos bandos: un capitaneado por don Alonso Enrique, condestable de Castela en torno o infante Enrique e outro capitaneado por don Sancho de Rojas e Juan Hurtado de Mendoza, sogro de don Fabrique e bando no que militou.

Tempo mási tarde don Fabrique expresou unha teimuda neutralidade, acaso un rasgo de simpatía ata o xovencísimo rei don Xoan II, declarado maior de idade os trece anos. Entre tanto don Enrique dou un golpe de sorte e secuestro o rei en Tordesillas, aproveitando a boda do seu irmán en Navarra. Foi a oportunidade de Álvaro de Luna, que entrevístase con don Fabrique, e acordan a liberación do xoven rei que levóuse a cabo o 29 de novembro de 1420. Refúxase na forteza de Montalban, xunto a don Fabrique, onde foron cercados polo infante don Enrique.

Álvaro de Luna conquire ceibalos, e apresar a don Enrique e mandalo preso a Madrid. Foi a grande hora de Don Fabrique, que recibíu honras e honores no ano 1423 as vilas de Jódar, Arjonilla, Jimena, la Higuera y Arjona do que recibe ademais o tíduo de Duque.

A Opción Aragonesista e a Derrota Politica

A situación en Castela, volveu a cambiar en 1424, o rei de Aragón despois de una longa estanza en Italia, Adonso XI tomou contacto cos exiliados casteláns. A infanta Catalina, Ruy López Dávalose y Pedro Manrique. Informouse con que sutileza houberase desmontado a hexemonia dos infantes de Aragón. O 3 de Noviembro logró a sumisión do seu irmán Xoán que convirtiríase no rei de Navarra. Don Alvaro de Luna, estaba seguro de que sería quen de triunfar no campo de batalla polo que prefireu esperar a unha mellor oportunidade. Niste contexto as vellas amizades de don Fabrique có infante don Juan de Aragón, empezaban a suscitar recelos. En 1424 Don Fabrique foi requerido para formar facción co seu eñemigo galego el arzebispo Don Lope de Mendoza. Ai que destacar que don fabrique houbera apoiado a facción aragonesista un ano antes. E despois da chamada concordia de Arciel, segredamente o noso Conde de Lemos aproximouse a opción aragonesista, do infante don Xoán.

En cinco meses panorama castelán trocou radicalmente. En xaneiro de 1428 Alvaro de Luna volvera o poder. Dende ise momento prometérase basoirar o partido aragonesista do esceario castelán. Don fabrique foi enviado a guerra de Granada sin permitírselle ve-lo rei, a don Xoan invitóuselle a deixar Castela. Así o duque de Arjona, ficuo o ar, frente un don alvaro de Luna victorioso.

O cabo do tempo don fabrique foi chamado a presenza do rei, volto xa o seu retiro galego. a excusa fora reanudar a guerra contra Granada. O duque precipitouse cara Castela, anque avanzando de camiño, coa excusa de que se lle acercaran os retrasados, da súa casa. Durante o mes longo que o duque don Fabrique, tadou en chegar a Corte, as dúbidas fixeron mella no ánimo do rei Xoán II, que comenzou a sospeitar seriamente da fidelidade do conde de Lemos.

Foi no 20 de xulio de 1429, o duque don Fabrique encaminóuse onde tiña os seus reales, Xoan II e toda a súa casa. O chegar onde o rei, esperábano 100 homes de armas, que sometereno, e levárano preso, coas acusacións de traicción o rei. O conde de Lemos foi levado o Castelo de Peñafiel, onde foi encadeado e encerrado nunha celda. O 22 de marzo o seu carceleiro atópano morto.

A partires de iste momento escurécese totalmente a figura do noso personaxe. Non deixara descendencia, na súa muller dona Aldonza. Foi sepultado no mosteiro de canonigos de San Agustín, perto de Carrión de los Condes.

Dona Beatriz Enríquez de Castro: A herdanza frustada.

Tra-la caida de don Fabrique, a coroa confiscou todolos seus bens. Foi amorte do condado tripartito de Trastamara que nunca máis volverá a xunguirse no tempo. A vila de Villafranca do bierzo foi dada o arzebispo de santiago. As vilas de Monforte, Sarria e outras foron adxudicadas o Alvaro de Luna, o tiduo e terras de Arjona foron dadas a Fabrique de Luna O Xoven.

Dende a morte do seu irmán dona Beatriz de Castro filla de don Pedro de Castro, tentou retornar a familia o tíduo de Conde de Lemos. Non fora a primeira vez, xa que anteriormente aducindo a falta de descendencia do seu irmán; tentara facerse co patrimonio familiar. Xa encarceado o seu irmán dirixíuse o rei para reclamar a herdanza dos Lemos si que o rei quixera ouvila. Máis morto don Fabrique, os oficiais reais, que fixeranse co patrimonio de Lemos, abusaban do seu poder, o que foi aducido por dona Beatriz máis xa sabido que ela era a herdeira lexitimada polo testamento do seu irmán; don Xoan II, parece que empeza a tornar o patrimonio familiar a dona Beatriz.

Mentras tanto dona Beatriz fora forzada a tomar matrimonio con don Pedro Álvarez de Osorio, que non era un grande señor, senón que tiña grandes terras e foi un nobre que tentaba enriquece-la súa facenda. Don Pedro era señor de Cabrera e Rivera. Aducindo a familiaridade que uníalles, a igrexa decretou a nulidade do casorio no ano 1440, o matrimonio volveuse a xunguir e celebrarse no monasterio de Carracedo o 15 de septembro do ano seguinte.

A Restauración da casa de Lemos

Dona Isabel, có apoio do seu marido o señor de rivera e Cabera, comenzou unha grande batalla para volver a reuni-lo patrimonio da casa de Lemos. En 1435 otorga poder a Ruy Fernández de Navia, para que reclamase a herdanza da súa sobriña Elvira de Tovar, muller que foi de Pedro Fernández de Andrade. Tres anos despois contendía cos seus parentes dona Isabel e don Álvaro de Castro, pola Casa de Castroverde. Por iste tempo pleitaría tamén con dona Beatriz de Castro e seu fillo don Pedro de Cadórniga, sobre béns que aquela vendéralle a don Fabrique. Mías o plito máis sonado foi o que librou, co suposto fillo bastardo de don Fabrique Don Álvaro, loitaba tamén a súa vez por acadar o vello patrimonio familiar. O 28 de novembro de 1443 dictábase sentencia. a Dona Isabel se lle foron adxudicadas casi tódalos bens da casa de Lemos, dándolle só o seu sobriño don Alfar /Álvaro), unha pequena parte a cambio de que iste fixera xuramento de omenaxe a dona Isabel.

Así foi reconfigurado o vello Condado de Lemos polo matrimonio, despois de dez anos de intensas peticións e iniciativas. Baixo o seu poder e xurisdición estaban as vilas de Ponferrada, Villafranca, Cedeira, Monforte, e Castro Caldelas. Dona Isabel e don Pedro puideron xa, otorgar maiorazgo o 25 de maio de 1442, con licencia real do rei Xoán II. Ainda con todo dona Isabel, tentou a restauración da Casa de Trastamara, e así fíxolle peticións o rei Xoán II, máis o rei contestoulle, que o Condado fora secuestrado por xustas razóns en contra do seu irmán Fabrique, polo que as esperanzas esfumábanse definitivamente.

O condado de Lemos baixo a casa dos Osorio

O marido de dona Beatriz pertencía a casa leonesa dos Osorio. Era fillo de don Álvaro Rodríguez, primeiro e cabeza da liña dos Osorio. Casou con dona María Fernández Sandoval, e tivo con ela a don Pedro Álvarez Osorio, o cal recibíu do rei Xoan I, en 1388 as serras leonesas de La Cabrera y La Ribera, así como la de ribera de Urbia e os seus castelos de Peñaramiro, Peñavellosa e Cornatello. Pedro Álvarez Osorio, contraxo matrimonio con dona Constanza filla de García Rodríguez de Valcarcel, cuia dote incluía as vilas de Balboa, Corullón, Valcárcel, y Mantilla. Tralo falecimento de don Pedro Álvarez en 1403, sucédelle o seu fillo Rodrigo Álvarez, que casa con dona Aldonza Enríquez filla do almirante de Castela don Alonso señor de Medina de Rioseco.

Así pois a novo titular da Casa de Lemos e fillo dos anteiores era por nacimento un nobre destacado do reino de León. Don Pedro buscou o maparo do rei Xoan II. Contou coa bendición do seu tio don Alvaro, almirante de Castela e que topaba con don Alvaro de Luna, pola privanza do rei. Sabemos que don Pedro estaba o lado dos nobres pro-aragonesistas en 1439, feito que lle foi reprochado polo rei.

Con todo Don Pedro convirtíuse nun grande servidor do rei e das súas decisións reais. Así en 1441, don Pedro Álvarez Osorio recibíu xunto a don Diego Pérez de Sarmiento, adiantado maior de Galiza, a orde de tomar as vilas de Pontedeume, Ferrol e Villaba en nome do infante don Enrique, as cales filleralle doazón seu pai Xoan II, despois de confisca-las a don Fernán Pérez de Andrade, fillo de Nuño Freire, que as poseía anque en representación da súa sobriña dona María, tra-la morte do seu pai Pedro Fernández de Andrade acontecida en 1435.

A petición, parece que non poido ser feita, pola grande influencia da casa de Andrade, e dos satélites que movíanse o seu redor. Así o rei tivo que anda-los seus pasos e retornarlle as vilas de Pontedeume, Ferrol e Vilalba. en 1442. Máis o enfrentamento entre o de Andrade e don Pedro Álvarez de Osorio, prolongaríase durante moitos anos. O 25 de xunio de 1443 firmábase unha paz ou alianza entre as duas casas.

Noutras grandes disputan habíase de ver metido don Pedro, o longo da súa vida: As fortezas de e vilas de Allariz, Sandiáns, Milmanda e Santa Cruaz, a casa de Pimentel, condes de Benavente. A demanda do ermerxente conde de Trastamara Alonso Osorio, que lle disputaba terras, para unilas o seu condado. O secuestro do arcebispo Fonseca, pola casa de Moscoso de Altamira. A guerra Irmandiña. A guerra civil, onde o noso xa Conde de Lemos, situarase no bando Isabelino.

Descendencia de don Pedro Álvarez Osorio

Do primeiro de eles, con dona Beatriz de Castro, tivo tres fillos:
  • Dona Isabel, que casou co Mariscal Pedro Pardo de Cela, de que tivo descendencia en dona Beatriz e dona Constanza, das que descenden moitas casas nobres de Galiza.
  • Dona María, naceu en 1436 e morreu en 1457, foi enterrada en San Francisco de Vilafranca.
  • Don Alonso o primoxénito, morto en 1467, de peste, deixando un fillo ilexítimo don rodrigo onde vai a continuar a casa de Lemos.
Tra-la morte de dona Beatriz en 1455 e despois da morte do seu fillo, o conde don Pedro casou otra vez con dona María de Bazán, filla do Vizconde de Palacios de Valduerna, en 1468 da que tivo catro fillas.
  • Dona Mencia, señora de Berlanga que casou con Álvaro Pérez Osorio, tercer marqués de Astorga, viuvo ya de dona Isabel Sarmiento, terceira condesa de Santa Marta.
  • Dona Juana, nacida en 1470, señora de Villafranca, junto as terras de Cabrera e Rivera, recibidas do seu pai. Casou con don Luis Pimentel primoxénito do cuarto conde de Benavente. No 1486, concederíaselles o tiduo de marques de Villafranca de Valcarcel, ou Bierzo.
  • Dona María, nacida en 1475, casada con Juan Portocarreño, señor de Moguer. Se les fué concedido el tíduo de marqueses de Villanueva del Fresno.
  • Dona Constanza, nacida en 1477 que casou con don Bernardino Pimentel e Almansa fillo de don Pedro Pimentel, fillo dos Condes de Benavente, que recibiron o tíduo de Marqueses de Távera.

Parece ser que en realidade o continuador da casa de Lemos, don Rodrigo, non foi neto senón fillo de don Pedro. O motivo polo que fixo pasar o seu fillo ilexítimo como neto, parece estar clara. Se non era fillo do seu, non podería herdar o patrimonio dos Castro, da súa "aboa", dona Beatriz. Polo que don Pedro, fixo incluso que o rei reconocera a don Rodrigo, como neto lexitimo del e herdeiro do condado de Lemos.

Don Rodrigo Osorio

O neto ou fillo de don Pedro, don Rodrigo osorio, tivo que facer fronte as pretensións da casa de Benavente, para facerse con todo o patrimonio dos Lemos, pois reclamaban as clausulas do pacto de Pombeiro, polo que si don Pedro morría sen varón herdeiro lexítimo, as fillas do matrimonio con dona María de Bazán, o que non cumplíu. Pola contra don Rodrigo Osorio, chegou a ocupar a cidade de Ponferrada por dúas veces, reclamando as terras do Bierzo, que sempre formaran parte da casa de Lemos, e enaxenadas no testamento do seu abó.

Rodrigo casou con dona Tereixa Osorio, irmá do Conde de Trastamara e Astorga, que asinaba a paz entre as dúas casas ata entón rivais. Tivo unha filla dona Beatriz que casou con don Dínís de Portugal , fillo dos Duques de Braganza e sobroño do rei don Manuel. Nela continuará a casa de Lemos.

Heráldica

Os Castro Casteláns trouxeron as súas armas a Galiza. Os seis roeles. que levaron os representantes da casa lexítima. don Fernando Rúiz de Castro, modificou as armas familiares, ata un número de trece roeles, mentras os ilexítimos, mantiveron o número de seis. Nalgúns casos os Castro galegos, levaron xunto os seis roeles, as armas de Castela e León.

BIBLIOGRAFÍA

  1. LOS SEÑORES DE GALICIA. Tenentes y Condes de Lemos en la Edad Media. Eduardo Pardo de Guevara y Valdés. Fundación Pedro Barrié de la Maza.

Traducción o galego e comentarios: Xosé Lois Lamigueiro