I XERACIÓN

  • Juan Rodríguez.
    Casou con Vicenta de Oca. Naturais de Viveiro (Lugo). Tiveron por fillo a:

II XERACIÓN

  • Juan Rodríguez de Oca. Nado na parroquia de Covas concello de Viveiro.
    Casou con Josefa Arriola Torrado. De Ferrol. Filla de Miguel Arriola e Francisca Torrado, naturais tamén da cidade de Ferrol. Tiveron por fillos a:

III XERACIÓN

  1. Clemencia Rodríguez Arriola
  2. Francisco Rodríguez Arriola. Nado en Ferrol en xaneiro de 1833. Procurador dos Xulgados da Mariña en Ferrol. Concelleiro do goberno municipal desta localidade. Masón. Membro dos 30 socios de la Tertulia de Confianza
    Casou con primeiras nupcias en 1866 con Francisca Beceiro, finada tres anos máis tarde.
    Casou en segundas nupcias en outubro de 1872 con Aurora Andrea Carballeira López. Nada en Ferrol en abril de 1851. Finada o 30 de setembro de 1902. Filla de Diego María Carballeira y González, mestre tallista finado en marzo de 1873, e de Josefa López Seco, coas súas orixes en Xermade (Lugo). Irmá de Josualdo Carballeira López, relixioso. Tiveron por fillos a:

IV XERACIÓN

  1. Josefina Rodríguez Carballeira. De solteira tivo por fillo a V 1.
    Casou en 1906 con Eugenio Amado Osorio y Zabala. Nado en Vegadeo (Asturias) o 6 de setembro de 1851. Médico e explorador. Fillo de Antonio Osorio Bermúdez e de Francisca Zábala Pérez Vizcaíno. Tiveron por fillos a V 2-3
  2. Aurora Jesualda Josefina Georgina Rodríguez Carballeira. Nada en Ferrol, no fogar paterno da rúa Madalena, o 23 de abril de 1879. Finada no centro psiquiátrico de Ciempozuelos (Madrid) o 28 de decembro de 1955.
    Defensora da euxenesia, creou dende o útero a unha nena prodixio (V 4), á que tivo froito da súa relación con Alberto Pallás.
  3. Francisco Rodríguez Carballeira
  4. Francisca Rodríguez Carballeira
  5. Dolores Rodríguez Carballeira

V XERACIÓN

  1. José Rodríguez Carballeira (máis coñecido como Pepito Arriola). Nado en Betanzos o 14 de decembro de 1895. Finado o 24 de outubro de 1954. Neno prodixio. Pianista e compositor dende os tres anos, o Mozart español.
  2. Carmen Osorio Rodríguez. Profesora de piano no conservatorio de Teherán (Irán) .
  3. Pilar Osorio Rodríguez.
  4. Carmen Leocadia Georgina Hermenegilda María del Pilar Rodríguez Carballeira (máis coñecida como Hildegart, "xardín de sabedoría"). Nada en Madrid o 8 de decembro de 1914. Finada o 9 de xuño de 1933. Nena prodixio. Activista do Partido Socialista e unha das principais feministas españolas. Morreu asasinada pola súa propia nai cando se afastou do camiño do coñecemento ao namorar de Abel Vilella.

FONTES

  • CAL MARTÍNEZ, Rosa (1991): A mí no me doblega nadie. Edicións do Castro, Sada 1991
  • http://gl.wikipedia.org/wiki/Aurora_Rodr%C3%ADguez_Carballeira
  • http://www.llanes.as/nor/nie/20020121.htm
  • http://gl.wikipedia.org/wiki/Hildegart
  • http://gl.wikipedia.org/wiki/Pepito_Arriola
  • http://findesemana.libertaddigital.com/articulo.php/1276230048
  • http://www.consellodacultura.org/xornadas/arriola/texto.htm