Retrato de Alfonso Graña _O rei dos xíbaros
Alfonso Graña "O rei dos xíbaros"

Manuel da Graña e Lorenza Becoña, foron veciños de Feás, pais de Agustín da Graña, nado en Feás casado con Antonia Vázquez de Santa Mariña de Moreiras, filla de Francisco Vázquez e Dominga Otero pais de José Graña, natural de Feás e da súa irmá María Graña, bautizada o en Feás.

O José Graña casou con Benita Freire, natural de Amiudal e foron os pais de Benito Graña, de Amiudal, que casou con Joaquina Cortizo, de Couso (Avión) sendo os pais de:

  1. Gumersinda Graña Cortizo.
  2. Florinda Graña Cortizo.
  3. Ildefonso Graña Cortizo, Alfonso Graña. Nado na parroquia de Amiudal o . Finado en outubro de . Emigrou a Iquitos (Brasil) a principios do século XX. Despois de internouse na selva amazónica, onde chegou a ser aceptado polos reis xíbaros coma o seu rei. Alfonso I da Amazonía. Presúmese que casou cunha filla de Samaren, rei dos indios Huambisa. Asemade, é probable que, froito desta relación nacese un fillo varón:
    • Alfonso Graña. Tradutor.

Ascendentes de Benita Freire

Manuel Frei casou con Mariana da Riba e foron pais de Ramón Freire, que casou o con Marcela do Pazo, filla de Lorenzo do Pazo e Josepha Durán, todos de Couso. Foron Ramón e Marcela pais de Manuel Freire, que casou con María Antonia Lorenzo, de Avión, filla de Juan Antonio Lorenzo e Ana Piñeiro, sendo Manuel e María Antonia pais de Francisco Freire, casado con Isabel Antón, pais da Benita Freire.

Ascendentes de Isabel Antón

Juan Antón casou o con Francisca do Casal, pais de Basilio Antón, casado a con Dorotea da Lama, filla de Jacobe da Lama e Dominga Blanca, e pais de Juan Antonio Antón, casado en con Clara Carreiro, filla de Manuel Carreiro e María Rodríguez, pais Juan Antonio e Clara da Isabel Antón.

Ascendentes de Joaquina Cortizo

(¿)Juan(?)Cortizo,casado con Dominga Antoa pais de Bonifacio Cortizo casado en Couso a con Rufina Claro, filla de Gregorio Claro e a súa dona Jacinta, pais de Manuel Cortizo, que casou en Couso en con Ana María Lugo (filla de Pedro Lugo e Feliciana Boullosa casados o en Couso, neta por parte de pai de Miguel Lugo e Chrisptina Cambeses e por parte de nai de Lorenzo Boullosa e Isabel Antón), pais de José Cortizo, que casou a en Couso con Ana María Claro, pais de Salvador Cortizo,casado en Couso en xaneiro de time> con Bernarda Cendón, pais de Joaquina Cortizo.

Ascendentes de Ana María Claro

Alberto Claro, casado con Isabel Fernández, de Couso, pais de Benito Claro, casado en Couso con Josefa Martínez (filla de Esteban Martínez e Ana María Ramos casados o en Couso sendo el(Esteban) viúvo de Inés Meréllez, neta paterna de Pedro Martínez e Magadalena do Pazo e materna de Jerónimo Ramos e Mariña Moleiro), pais Alberto e Josefa da antedita Ana María Claro.

Ascendentes de Bernarda Cendón

Veciños do lugar da Bouza en Santa María de Beariz foran Benito Cendón e Catharina Taboada, pais de Marzelo Cendón,casado en Couso de Avión a time> con Fabiana Cota, filla de Thomás Cota e Marta Lugo, pais de José Cendón, casado o con Rufina Cendón (filla de Thomás Cendón e Marzela Fernández casados en Couso o , neta paterna de Santiago Cendón e Dominga Covelo veciños do lugar de Taboazas, en Couso e materna de Gregorio Fernández e Mariña Lameiro, veciños do de Rubillón, tamén en Couso), pais José e Rufina de Manuel Cendón casado en Couso o con Bernarda de Montes, filla de Jacinto de Montes e Rosa Portela, e pais de Manuel Cendón (outra vez, sí), casado o en Couso con Rosa Antón, pais da Bernarda Cendón.


Ascendentes de Rosa Antón, nai de Bernarda

Salvador Antón e Marta Rodríguez, pais de Manuel Antón casado en Couso o con Ana María Gabiana filla de Justo Gavián e Ana Careira, veciños de Avión, pais de

Manuel Antón (outro), casado con Margarita Lameiro, filla de Juan Lameiro e Benita Lorenzo, que foron os pais da Rosa Antón.


Podemos ver a arbre interactiva de toda a xenealoxía en Alfonso Graña en Galicianos.org e unha reseña sobor o documental de RTVE Alfonso Graña - O Rei dos Xíbaros.

Notas

Publicado o por Alfonso Fernández Pousada e actualizado por Breogán Amoedo Villanueva o nos Foros.