I XERACIÓN
- Roque Amado. Casou con Caetana Boullosa. Tiveron por fillos a:
II XERACIÓN
- Serafina Amado Boullosa.
Casou no 1841 co escritor Juán Manuel Valentín Pintos. Un dos pioneiros no emprego moderno da lingua galega como vehículo de escritura. - José Benito Amado Boullosa. Nado na vila de Marín o 19 de marzo de 1822 e falecido en 1886. Senador. Deputado. Gobernador civil de Ourense. Escritor.
- Manuel Amado Boullosa. Casou con Benita de la Riega. Naturais de Pontevedra. Tiveron por fillo a:
III XERACIÓN
- Luís Amado de la Riega. Natural de Pontevedra
Casou con Chelo Carballo Pesqueira. Natural de Redondela. Filla de Lorenzo Carballo Otero, natural de Pontevedra, e Dolores Pesqueira de Santiago de Compostela.
Tiveron por fillo a:
IV XERACIÓN
- Luís Gustavo Amado Carballo. Naceu na cidade de Pontevedra o 2 de maio de 1901 as 9 da mañá no nº 9 da rúa do Progreso e faleceu na mesma cidade o 3 de setembro de 1927.
Casa o 10 de decembro de 1924 na igrexa de Santa María a Maior de Pontevedra con:
María López Fernández. Filla do pintor da Escola Especial de Pintura don Benigno López Sanmartín e Generosa Fernández Fernández. Mestre nacional.
Fonte
- "Escritores do dia das letras galegas", 2000. Escolma do dia das letras galegas, de X.L.F. e X.C.R.P
- http://www.senado.es
- http://www.congreso.es
Foto: Retrato de Luis Amado Carballo. na Wikipedia.