Antonio Lamas. De Noia. Procurador.
Casou con Francisca Rey. Tiveron por fillo a:
II XERACIÓN
Fernando Lamas Rey. Avogado. Natural de Noia
Casou con Francisca Varela Cacheiro. Natural de Noia. Filla de Jose Ángel Varela, escribán, natural da parroquia de O Obre concello de Noia e Bernarda Cacheiro, natural da parroquia de Barro concello de Noia.
Tiveron por fillo a:
III XERACIÓN
Luís Lamas Varela. Nado na vila de Noia o 24 de agosto de 1841 e falecido o 21 de xaneiro de 1895. Deputado a Cortes e Senaor.
Bibliografía
VVAA Parlamentarios de Galicia Biografías de deputados e senadores 1810 - 2003
Descubre los vínculos que han dado forma a nuestra tierra, provincia por provincia!