Antonio Machado Núñez. Nacido en Cadiz en 1812 ou 1814. Faleceu o 25 de xullo de 1896.
Casou con Cipriana Álvarez Durán. Natural de Sevilla. Filla de José Álvarez Guerra. Tiveron por fillo a
II XERACIÓN
Antonio Machado Álvarez. Naceu o 6 de abril de 1846 no antigo nº 33 da Rua Nova da cidade de Santiago de Compostela. Foi bautizado os cinco anos na igrexa de Santa María Salomé. Faleceu o 4 de febreiro de 1893 cando volvía de Puerto Rico. Avogado.
Casou en 1873 con Ana Ruiz Hernández. Natural de Sevilla. Falecida en Colliure (Francia) o 25 de febrero de 1939 e soterrada co seu filloo Antonio. Filla de Rafael Ruiz Pérez, natural de Sevilla, e Isabel Hernández García natural da provincia de Murcia. Tiveron por fillos a:
III XERACIÓN
Manuel Machado Ruiz. Nado no Pazo de Dueñas (Sevilla) o 29 de agosto de 1874. Faleceu en Madrid o 19 de xaneiro de 1947.
Casou coa sua prima Eulalia Cáceres.
Antonio Machado Ruiz. Nado no Pazo de Dueñas (Sevilla) o 26 de xullo de 1875. Faleceu en Colliure (Francia) o 22 de febreiro de 1939. Foi soterrado no cemiterio antigo desta poboación.
Casou en Soria o 30 de xullo de 1909 con Leonor Izquierdo Cuevas (13 años) Filla de Ceferino Izquierdo e Isabel Cuevas. Faleceu o 1 de agosto de 1912 con 18 anos.
Non tiveron descendencia.
Jose Machado Ruiz. Nado en 1879 en Sevilla na rúa Reis Católicos. Tivo por fillas a IV 1 a 3.
Joaquin Machado Ruiz. Nado en 1881 en Sevilla. No tivo descendencia.
Francisco Machado Ruiz. Nado en 1884 en Madrid. Tivo por fillos a IV 4 a 7.
Cipriana Machado Ruiz. Nada en 1885 en Madrid. Falecida os 15 anos.