GOSENDE (CERDEDO)

(Un anaco da xenealoxia de Frei Martiño Sarmento)

ANTECEDENTES XENEALÓXICOS


Atopan-se os Gosende a finais da idade média na freguesia de Cerdedo, presumibelmente, ten o apelido unha orixe galega de natureza toponímica. Outros autores como Querexeta, acreditan que ten a sua orixe en terras vascas. A importáncia desta liñaxe debe-se a que a están ligados directa ou inderectamente tanto o Pai Sarmiento coma a nosa Rosalia de Castro.

XENEALOXIA

I XERACIÓN

  • Juan de Gosende “o Vello”.
    Casou con María Rascado. Tiveron por fillo a:

II XERACIÓN

  • Juan de Gosende e Rascado “o Mozo”. Nacido en Meilide en 1525.
    Casou con Maria Quinteiro. Tiveron por fillos a:

III XERACIÓN

  1. Alonso de Gosende e Quinteiro. Nacido en Cerdedo (Pontevedra) sobre 1550. Fundador do vínculo familiar.
    Casou en primeiras nupcias con María Núñez, natural de Cerdedo.
    Casou en segundas nupcias con Dona María Bermúdez de Castro. Natural de Santiago de Compostela. Devanceira da escritora Rosalia de Castro.
  2. Juan de Gosende e Quinteiro. Construe, xunto a sua dona, o pazo de Cavenca a finais do século XVI.

IV XERACIÓN

  • Alonso de Gosende e Núñez. Nado en 1572.
    Casou con María Lorenzo. Natural de Meilide. Tiveron por fillos a:

V XERACIÓN

  1. María de Gosende e Lorenzo
    Casou con Alonso Garcia de Ceraxe e Figueroa, descendente Pedro III Álvarez de Soutomaior (Pero Madruga). Nada sobre 1634. Tiveron por fillo a VI 1.
  2. Bartolomé de Gosende e Lorenzo
    Casou en Pontevedra con Inés Prego de Montaos. Tiveron por fillo a VI 2.

VI XERACIÓN

  1. Alonso Garcia de Gosende. Nado sobre 1650. Mestre de obras. En 1695 se traslada a Pontevedra onde ocupa o cargo de Correo Maior.
    Casou con Clara de Balboa e Sarmiento. Tiveron por fillo a VII.
  2. Ventura de Gosende e Prego de Montaos. Natural de Pontevedra. Casou na mesma cidade con Tomasa Varela de Caamaño.

VII XERACIÓN

  1. José Antonio Garcia Balboa. Nado en Vilafranca do Bierzo en 1683.
  2. Alonso Antonio Garcia Balboa. Nado en Vilafranca do Bierzo en 1686.
  3. Pedro José Garcia de Ceraxe Figueroa Gosende Lorenzo Balboa SarmientoPai Sarmiento o Frei Martín Sarmiento”. Nado en Vilafranca do Bierzo (León) o 9 de marzo 1695. Falecido no convento de San Martín de Madrid o 7 de decembro de 1772. Frade benedictino. Un dos pais da lingüística galega.
  4. Maria Bernarda Josefa. Nada en Vilafranca do Bierzo en 1696.
  5. Francisco Xavier Garcia Balboa. Nado en Pontevedra en 1700
  6. Francisca Clara Garcia Balboa. Nada en Pontevedra en 1706
  7. Ana Rosa Garcia Balboa. Nada en Pontevedra en 1706

DATOS SOBRE A LIGAZÓN ENTRE SARMIENTO E ROSALIA DE CASTRO

Maria Tareixa de Castro e Abadia, nai de Rosalia de Castro naceu no pazo de Cavenca, Casa dos Gosende-Castro. O pai de Rosalia, crego que adoitaba dar misas na capela do pazo, foi Xosé Martínez Viojo. Rosalia naceu en Compostela o 24-02-1837, máis sabe-se que pasou tempadas neste pazo de Cavenca.
No pazo de Arreten (Padrón) foi onde se criou Rosalia de Castro, pertenceu desde as suas orixes á família dos Castro. Parece ser que a esta liñaxe dos Castro pertenceron, ademáis de Rosalia, Frei Martiño Sarmiento e o escritor Alejandro Pérez Lugin autor de La Casa de Troya.

BIBLIOGRAFÍA

  • Los Ascendientes del Padre Sarmiento en Cerdedo. Volume XXVII, Cuadernos de Estudios Gallegos, 1972,. Autor: Antonio Rodríguez Fraiz
  • Blasones y Linajes de Galicia. Autor José Crespo del Pozo
  • Viaje a Galicia 1754-1755. Autor: Frei Martiño Sarmento.
  • Páxina web de Padrón, da Deputación da Coruña.
  • http://www.consellodacultura.org/reportaxes/sarmiento2/biografia.htm
  • http://www.lavozdegalicia.es/archivos/sarmiento/sarmi3336.pdf