I XERACIÓN
- Joaquina Naveira López. Nada en 1825. Falecida en 1908.
Casou en primeiras nupcias con José García Camposa. Tiveron por fillos a II 1-4.
Casou en segunda nupcias en 1864 co seu cuñado, Eduardo García Camposa. Tiveron por fillo a II 5.
II XERACIÓN
- Juan María García Naveira. Nado en Betanzos o 16 de maio de 1849. Falecido o 9 de marzo de 1933. Filántropo e masón. Artífice do, do, do Asilo, e das, en Betanzos
Emigrou a Arxentina en 1869, onde coñeceu e se casou coa súa dona. Regresou daquel país en 1893.
María Iribarne Lascort. Foron pais de III. - Jesús García Naveira. Nado o 14 de xuño de 1853. Falecido en 1911 a consecuencia dun accidente de tráfico. Emigrou a Arxentina en 1871.
Casou con Carmen Etcheverría y Olaverri. - Ricardo García Naveira.
- Antonia García Naveira.
- Eduardo García Naveira. Casou coa súa sobriña Águeda García Iribarne.
Juán e Jesús foron os grandes benefactores da vila de Betanzos.
Juán construiu o Lavadoiro Público Gratuito de As Cascas; o refuxio para nenos con deficiencias mentais e o Sanatario San Miguel.
Jesús construíu as Escolas García Naveira e a Casa do Pobo.
Xuntos crearon:
O Patronato Benéfico-Docente García Hermanos, que constaba dun asilo e dunha escola
O parque enciclopédico "El Pasatiempo" unha das mais fantásticas construccións da arquitectura galega do século XIX. Tiña 90.000 metros cadrados. A súa construción comezou en 1893 cando Juán regresou de Arxentina e chegou a empregar a 200 obreiros. Estivo ampliandoo e engadindo elementos ata a súa morte. A finalidade da súa construción era financiar o asilo e dar traballo os desempregados da vila.
A parte inferior prácticamente desapareceu e so se conserva parte da zona superior Ademais de ser saqueado durante décadas foi usado como campo de concentración e de tiro durante a Guerra Civil polos membros do bando rebelde e o gran león símbolo do parque foi dinamitado. Os leóns de mármore de Carrara que se atopaban na entrada están hoxe en día no santuario de Covadonga e o goberno de Asturias se nega a devolvelos.
O concello comprou os herdeiros o parque en 1986 e desde entón está sometido a un intenso proceso de reconstrución. Hoxe os poucos restos que chegaron ata nos causan a admiración dos moitos visitantes que recibe o longo do ano.
III XERACIÓN
- Águeda García Iribarne. Casa co seu tío Eduardo García Naveira.
- Joaquina García Iribarne.
- Juan Jesús García Iribarne.