De entre toda a profusión de publicacions conmemorativas na rede, recoméndovos a páxina de Cultura Galega.org. Nesa mesma páxina podedes descargar en formato PDF as seguintes publicacións:
- Coloquio en mil douscentas coplas galegas.
Edición facsimilar a partir do orixinal autógrafo atopado en febreiro na Bilioteca Nacional. En PDF. - El Gran Gallego.
Edición facsimilar do libro biográfico de Antolín López Peláez editado en 1895 pola Biblioteca Gallega. - INÉDITO.
Inscripción románica en la Limia, al norte de Xinzo.
Descarga este inédito de Martín Sarmiento só en Internet, por xentileza do Proxecto Sarmiento. Trátase dunha carta remitida a un erudito de Xinzo, redactada cun estilo moi personal. - Reflexiones literarias para una biblioteca real.
Este libro, de José Santos Puerto, é unha edición dun texto redactado por Frai Martín Sarmiento para a creación da Biblioteca Real de Madrid, e no que o frade berciano amosa a súa erudición.
