Bienvenido a un viaje fascinante: La exploración de tus propias raíces familiares.

Sumergirse en la genealogía es como abrir un libro que cuenta la historia única de quienes vivieron antes que nosotros, tejiendo una narrativa rica en experiencias, desafíos y triunfos.

Imagina desenterrar secretos olvidados en el tiempo, desvelar conexiones sorprendentes y conocer las vidas de aquellos cuyas huellas nos preceden. La investigación genealógica no solo es un acto de curiosidad, sino también una puerta hacia la comprensión de tus orígenes y la herencia que llevas contigo.

Con paciencia y entusiasmo, te aventuras en un mundo lleno de descubrimientos que, eventualmente, te llevarán a la construcción de un árbol genealógico único y valioso.

Como investigar

...

Los Registros Civiles en Galicia

Registro Civil

...

Archivos parroquiales y diocesanos

Eclesiásticos

...

Recursos para genealogía en línea

On line

Releo estes días a nova de certa cinta de audio atopada hai un tempiño en Chattanooga, en Tennessee. A persoa que a achou, Stephon Tull, non podía sospeitar que aquel obxecto, ciscado nunha caixa do seu sobrado, contiña unha entrevista inédita feita en decembro de 1960 ao mesmísimo Martin Luther King, o meirande defensor dos dereitos civís da minoría afroamericana nos Estados Unidos de América. Parece estar de moda isto de descubrir pequenos (ou grandes) tesouros, como aquel que non quere a cousa, nos lugares máis inesperados. A historia está chea deste tipo de anécdotas, que no caso galego van máis aló do garaxe dun electricista do Milladoiro.

alt

Se agora os guionistas dalgunha produtora queren sorprender ao público reescribindo para a televisión os avatares do Codex Calixtinus durante o último ano, o certo é que non se deben de esquecer doutros achádegos igual de misteriosos. Estoume a referir ao pergameo Vindel, hoxe gardado en Nova Iorque, no The Morgan Library & Museum, a moita distancia da súa Galicia orixinaria. Esta xoia tén a particularidade de conter as sete cantigas de amigo compostas polo enxeñoso xograr Martín Codax. Corría o ano de 1914 cando un anticuario e bibliófilo chamado Pedro Vindel tivo a ocorrente idea de analizar detidamente un exemplar dunha peza clásica que gardaba entre anaqueis: De Officiis, do coñecido orador romano Cicerón. Se ben a versión databa do século XIV, a encadernación correspondía ao XVIII. O forro non era outra cousa que a reprodución duns poemas medievais, acompañados da súa partitura. En febreiro do 14, o mundo coñecía o nome de Martín Codax, mediante a publicación desta nova, na revista Arte Español.

Pero o misterio estaba por chegar. O pergameo desapareceu. Presuntamente. Durante anos, poucos foron coñecedores do seu paradoiro. Entre eles, o propio Pedro Vindel, quen llo vendera ao diplomático Rafael Mitjana, quen o depositaría na súa biblioteca, nunha pequena localidade de Suecia. Tras varias décadas nesta familia, e pasando despois, a través da venda, de man en man por varios coleccionistas privados, o pergameo Vindel acabaría no The Morgan Library & Museum, o seu actual fogar.

Non é un caso aillado. Esta mesma semana, parlamentando cunha persoa moi vencellada aos arquivos galegos, comentoume que nunha ocasión, mentres o experto Odriozola Pietas revisaba os fondos de certo arquivo desta rexión -público e dependente da administración-, acabou descubrindo que os forros dun legaxo eran máis valiosos que as propias pezas forradas -se mal non lembro, unhas escrituras notariais-, sendo posteriormente estas xoias recén descubertas obxecto de especial custodia e restauración. É un patrimonio oculto e que, na maior parte dos casos, pasa desapercibido e ignorado. Proba de que estas situacións acontecen case a diario é o feito de que o Museu de Pontevedra, este pasado mes de agosto, anunciase que por fin tén reatopado un valiosísimo pergameo que levaban máis de dez anos procurando: unha versión en galego das partidas do rei Afonso X, “o saibo”. Os desta institución sabían que a peza en cuestión estaba baixo o seu poder, ainda que mal clasificado e, xa que logo, ilocalizábel. Témome que no Museu houberon de poñer os fondos de volta e media, aproveitando este verán o traslado da documentación entre a antiga sé do arquivo do Museu de Pontevedra e o seu novo destino, no Arquivo da Deputación Provincial, na chamada mazá cultural de Pontevedra.

Aras romanas que aparecen furadas no medio por seren reutilizadas séculos despois como rodas de muíño; miliarios reciclados como vigas centrais dalgunha vivenda... Son só algúns testemuños da historia emparedada, que agarda detrás das paredes a que algún descoido, algunha casualidade, lles devolva á luz e lles quite o polvo, tras unha morea de anos perdidos baixo este misterioso esquecemento.

...

Genealogías de personajes gallegos

Celebridades

...

Expediciones de gallegos a Cuba en 1854

Listas

...

Censos, padrones, catastros

Índices

...

Explorar nombres y lugares

Onomástica

...

Topónimos de origen germánico

Listados

...

Archivos Histórico Provinciales

Archivos

Apellidos de Galicia

...

En Apelidosgalicia.org disponemos de información de mas de siete mil apellidos. Su distribución por concellos, comarcas de Galicia, por provincias, comunidades de toda España, su etimología, nobiliaria, personajes famosos, heráldica...

Ir a Apelidos de Galicia

Los apellidos gallegos más comunes

García, González, Rodríguez, Fernández, López, Martínez, Sánchez, Pérez, Gómez, Martín, Jiménez, Ruíz, Hernández, Díaz, Moreno, Álvarez, Muñoz, Romero, Alonso, Gutiérrez, Navarro, Torres, Domínguez, Vázquez, Ramos, Gil, Ramírez, Serrano, Blanco, Suárez, Molina, Morales, Ortega, Delgado, Castro, Ortíz, Rubio, Marín, Sanz, Iglesias.

Los apellidos gallegos menos frecuentes

Vilaboi, Seija, Vequez, Allón, Apariz, Gorrity, Desantiago, Martiñeira, Ensa, Doejo, Subirol, Bermolen, Domuiño, Quiveo, Croque, Peirallo, Brisaboa, Láncara, Forcade, Puñín, Cabeceira, Menaz, Outeriño, Do Val, Galáns, Panisse, Gasamán, Villasanín, Ermida, Cantarilla, Lostre, Gaveiras, Dejuane, Segades, Salcido, Astrar, Donacimiento, Taberneiro, Mueso, Corsanego.

...

¿Porqué llevamos apellidos?

Los nombres y apellidos son mucho más que simples etiquetas; son reflejos de la historia, la cultura y las tradiciones de las personas que los llevan.

Apellidos