Unha grande parte dos nosos apelidos, teñen na súa orixe o nome dun lugar, aldea ou vila. Intento neste artigo amosar os mecanismos, polos que unha familia galega do século XVI, fai de seu o nome da terra que ten aforada. A historia da xenealoxía e onomástica galega, está vencellada directamente a posesión da terra. En base a ista posesión os nosos devanceiros, estableceron as normas que rexiron a vida e a morte, a familia e a súa herdanza. A familia galega tradiccional e a trasmisión do seu apelido ou nome está vinculada a propiedade e continuidade da terra familiar, o casal, o lugar.

O sistema familiar tradiccional galego, estivo rexido por prácticas e estratexas de seu; dirixidas a permanencia e millora da casa. Istas leises domésticas son coñecidas polo petruciado. O petrucio era o xefe da casa e do nucleo familiar. Iste cargo recaía no membro masculino do matrimonio (ainda que non sempre), e afectaba a íste e os seus fillos solteiros. En moitos casos no mesmo nucleo familiar, convivían outros membros, como avós ou irmás solteiras, que asumían a vontade do petrucio. Isto é o contexto tradiccional, que define o que na Galiza rural de ata fai ben pouco, era coñecido por casa, xenteu raza. Istes individuos baixo ausencia dun apelido de seu, como intentamos amosar neste artigo, asumía como apelido o nome do casal ou lugar onde habitaba.

Como base diste traaballo, tomaremos un documento do ano 1519. É un inventario dos béns que deixou a súa morte Clara, unha veciña da Veiga, Ourense. Pertenze o protocolo de Fernando dÀlmas, fol 50. de Celanova:

1519, jullo 20.

INVENTARIO DA FAÇENDA QUE FINCUO DE CLARA DE VEIGA, (VECIÑA DO LUGAR DA LAMA, ENO COUTO DE SAN MONIO DA VEIGA).

Eno lugar da Lama, que he no couto de Beyga a treynta días del mes de julio, ano de nuestro señor Ihu Xpo de mill e quiñentos e dez e nobe ans, en presencia de min el escribano e de los testigos de yuso escriptos, el onrrado Gonçalo de San Fiis, juez ordinario eno dito couto por el reuerendo señor Luys Feyjoo, prior del monasterio de San Monio da Beyga, de su ofiçio ordinario, fizo ynventario de tódala fazenda moble e symobente que fincara de Crara da Beyga e a María da Lama, muller do dito Pero da Lama e filla que ficou da dita Crara da Beyga, en forma devyda del derecho, los cuales tocaron en sus maaos dereitas en la señal de la cruz e responderon a la confusyón del dicho juramento, dezendo sy juro e amén. E el dicho juez les mandó que so cargo del juramento que fecho abían, que declarasen anbos juntamente ante mí el dicho escribano toda la fazenda que ficara de la dicha Clara de Beyga . E lo que declararon hes lo syguiente: (sigue con a relación de béns que non trascribimos, o no seren gráficos para a teima que nos ocupa).

Comentarios:

Primeiramente examinemos, o marco xeográfico onde é otorgado o documento. Así vemos que está claro que o se trataren de facer relación dos béns da finada, a de facerse in situ, isto é na casa ou lugar onde habitaba; o Lugar da Lama que pertenze o couto de San Monio da Veiga. Isto indicanos que o lugar está baixo a jurisdicción do monasterio de San Monio, (citado no documento) e polo tanto imaxinamos que a familia e foreira da dita igrexa.

O documento despois, pasa a exponer que dona Crara da Beyga fai herdeira dos seus bens a súa única filla Maria da Lama. O texto explicanos que a dita María e muller de Pero da Lama. Son os primeiros datos que enlazan o noso marco xeográfico o lugar da Lama, con as xentes que o habitan, Pero e Maria da Lama. Ollamos entón a relación clara entre a composición do nome do matrimonio: nome + casa, que é igual a nome + apelido. Observemos tamén que María, a pesar de seren filla de Crara da Beyga non leva o seu o apelido. Tamén é sinificativo que no documento non se faga mención o pái de María, cousa común niste tipo de documentos testamentarios. Níste contexto é a nosa hipotese na que dicimos, que María é filla de solteira de Crara (algo moi común no agro galego), posiblemente seu apelido antes de casar con Pero sería María da Beyga, tomando o materno. Máis o desposar co seu marido, adoutou o nome do lugar da casa de Pero, A Lama.

Cara a sociedade que os rodeaba. María deixa o seu antigo estatus para entrar baixo a tutela do seu marido e a súa casa. O sentimento de pertencer a algo, noutro contexto é a filosofia na que baséase a fidalguía. Fillo de Algo, membro dunha casa, ou propiedade do que a familia toma o apelido ou nome.

Por suposto estamos a falar de leises tradiccionales, non escritas ou recoñecidas nada máis que pola costume. Iste exemplo creo que é indicativo da relación existente entre apelido e lugar. Máis noutros casos temos observado que as mulleres conservan o seus apelidos, dependendo cecais da aportación ou non de dote. A dote é un patrimonio aportado polo pái da filla, en moitos casos dependendo do volumen da doación ocurre o caso contrario e é o home o que toma o nome da familia da muller. A onde queremos chegar e como resume diste pequeno traballo, que a malloría de apelidos galegos son toponímicos, o existir unha relación clara entre a orixe rural da súa poboación e o seu vencellamento o agro. A característica principal da familia galega podese definir como, nucleos familiares que habitan vivendas unifamiliares; a identificación de istas familias co seu patrimonio, fai a ístas a tomar como apelido os topónimos polos que son recoñecidas as súas propiedades.

Autor: Xose Lois Lamigueiro Fernández. 17 de Xaneiro 2002

Apellidos de Galicia

...

En Apelidosgalicia.org disponemos de información de mas de siete mil apellidos. Su distribución por concellos, comarcas de Galicia, por provincias, comunidades de toda España, su etimología, nobiliaria, personajes famosos, heráldica...

Ir a Apelidos de Galicia

Los apellidos gallegos más comunes

García, González, Rodríguez, Fernández, López, Martínez, Sánchez, Pérez, Gómez, Martín, Jiménez, Ruíz, Hernández, Díaz, Moreno, Álvarez, Muñoz, Romero, Alonso, Gutiérrez, Navarro, Torres, Domínguez, Vázquez, Ramos, Gil, Ramírez, Serrano, Blanco, Suárez, Molina, Morales, Ortega, Delgado, Castro, Ortíz, Rubio, Marín, Sanz, Iglesias.

Los apellidos gallegos menos frecuentes

Vilaboi, Seija, Vequez, Allón, Apariz, Gorrity, Desantiago, Martiñeira, Ensa, Doejo, Subirol, Bermolen, Domuiño, Quiveo, Croque, Peirallo, Brisaboa, Láncara, Forcade, Puñín, Cabeceira, Menaz, Outeriño, Do Val, Galáns, Panisse, Gasamán, Villasanín, Ermida, Cantarilla, Lostre, Gaveiras, Dejuane, Segades, Salcido, Astrar, Donacimiento, Taberneiro, Mueso, Corsanego.

...

¿Porqué llevamos apellidos?

Los nombres y apellidos son mucho más que simples etiquetas; son reflejos de la historia, la cultura y las tradiciones de las personas que los llevan.

Apellidos