The  Church of Jesus Christ of Latter-day Saints

Como noutras cuestións en Occidente, debemos mirar un pouco coma emerxeu este movemento nos Estados Unidos, e para elo temos que falar por forza da Igrexa de Xesuscristo dos Santos dos Últimos Días, máis coñecidos coma mormóns, e remontarnos ó século XIX, concretamente ó ano 1894 cando se funda a Sociedade Xenealóxica de Utah, en Salt Lake City.

A partir dun rito de salvación para as almas dos familiares defuntos, converteuse esta igrexa no maior motor humano e tecnolóxico das investigacións xenealóxicas, e ós seus membros case que poderíamos denominalos apóstolos da xenealoxía. Unha das súas metas é microfilmar os rexistros vitais de máis de cen países do mundo, microfilmes que gardan nunhas condicións excepcionais no corazón dunha montaña de granito, para que no caso de que a tolemia apodérese dos humanos ou dunha hecatombe mundial, os que sobrevivan poidan acceder á grande memoria.

En Galicia teñen moito microfilmado mediante acordos coas dioceses e as administracións dos arquivos. Según un documento da Genealogical Society of Utah, do que non podo precisar a data pero de arredor do 2001, para facernos unha idea e dando as cantidades en rolos de microfilmes por Arquivos, tiñan microfilmado en:

  • A Coruña. 23 do Colexio Notarial. 35 do Municipal. 1.167 do Reino de Galicia.
  • Betanzos. 41 do Municipal.
  • Lugo. 904 do Diocesano. 622 do Histórico. 18 do Municipal.
  • Pontevedra. 1.091 do Histórico.
  • Santiago. 735 da Universidade.
  • Valladolid. 1019 Diocesano. 24 Xeral de Simancas. 1.311 da Real Chancelería.

Na década de 1970 a novela Roots (Raíces, xa non existe a páxina), do afroamericano Alex Haley, converterase nun best seller nos Estados Unidos, e no 1977 sería levada á televisión en formato de miniserie. O autor remóntase a partires da súa avoa Cinthya sete xeracións, ate chegar ó seu antepasado Kunta Kinte, o mozo mandinga apresado en Gambia e levado ós Estados Unidos coma escravo. Tanto o libro como a serie de televisión impactaron moitísimo nos cidadáns estadounidenses, e dou lugar a unha crecente e imparable preocupación por saberes quen e de onde foron os seus antepasados. Avanzábase na nova xenealoxía, de carácter inminentemente popular.

Cyndi´s List of Genealogy Sites on the Internet

Pero será sobre todo a partires do 1996 coa páxina de Cyndi Howells, Cyndi's List, onde recolle e da unidade a tódalas iniciativas individuais e colectivas en marcha, o que marcará o punto de partida dun novo enfoque e internacionalización da afección a xenealoxía en Internet. Dende entón e hasta o día de hoxe, é o maior directorio de xenealoxía e recursos para investigación de fala inglesa.

The World Web Project

Está aloxada na actualidade por RootsWeb que dende 1998 ofrece Foros, espazo web e soporte a proxectos de voluntarios nos seus servidores, como o WorldGenWeb Project, un proxecto que agrupa ós aficionados por determinadas rexións do mundo en torno a páxinas web con axuda e recursos para a investigación.

RootsWeb forma parte de MyFamily.com Inc., que agrupa varios proxectos ou iniciativas, e mesmo negocios cos que financia a todo o grupo:

RootsWeb

  • RootsWeb.com. O Portal de Taboleiros de mensaxes e Foros na fala inglesa.
  • MyFamily.com. Soporte web para sitios con xenealoxías familiares.
  • Ancestry.com. O centro das bases de datos. U.S. censos, nacementos, matrimonios, defuncións, inmigrantes, arbores xenealóxicas ... todo, e a un prezo asequible.
  • Family Tree Maker O software que vende o grupo, e que permite organizar a base de datos dos investigadores.
  • Genealogy.com. Unha simbiose de Ancestry e MyFamily.
  • Genealogy.org cun ranking das páxinas web máis visitadas.

O xigante do grupo é Ancestry.com, e para ternos unha idea, cando unha web como Xenealoxía.org ten 8.047 páxinas vistas nun sétimo posto do ranking de Genealogy.org, Ancestry.com está de primeiro con 197.158. (Datos tomados de Genealogy.org o 11-10-2005).

FamilySearch

No 1999 os mormóns lanzan o FamilySearch.org, un sitio web gratuíto no que podemos acceder para consultar en liña ás súas bases de datos (case a totalidade das súas bases de datos) que diariamente voluntarios da súa igrexa van incrementado de tamaño. Este sitio revolucionou ós métodos de traballo dos investigadores que agora en numerosas ocasións obteñen datos fiables dos libros de Bautizados, Casados ou de Falecidos das parroquias galegas de orixe, dende o seu ordenador e na súa casa.

O mesmo tempo en España, 1997, Fernando Castilla comeza a súa andadura na rede coa súa web sobre o Apellido Castilla, un proxecto onde se iniciou traballando arreo durante varios anos na procura dos descendentes de Don Pedro I de Castilla. Froito tamén deste traballo e tutelado pola Universidade Complutense de Madrid, ten tamén en marcha na actualidade un proxecto de investigación pioneiro en España sobre xenealoxía molecular: El ADN de los Castilla.

Genealogía española - España GenWeb

Non será hasta Novembro do 1999 que decídase a coordinar o proxecto España GenWeb, formando parte do xa nomeado máis arriba "WorldGenWeb Project". Activo impulsor, irá prendendo a semente en xenealoxistas dos distintos territorios , e sucesivamente irán aparecendo as súa páxinas correspondentes. Hasta día de hoxe son as seguintes:

Para Galicia, toda a Galicia do mundo, será importante a iniciativa que dende o Pais Vasco lidera Manuel Casal Lodeiro: Fillos de Galicia. Aínda sen ser unha páxina de xenealoxía, pasa a ser lugar de encontro da comunidade galega. O seu Taboleiro, primeiro, e o Atopadoiro, máis tarde, son tamén visitados por xenealoxistas, e na súa lista afloran de cando en vez os asuntos dos apelidos, das buscas familiares dende a óptica xenealóxica, pero mesturados cos demais temas e inquedanzas propios do portal.

O Foro de Genealogía Hispana alugado na actualidade na RedIris, nace no 1997 da man de Claudio Fuentes e Eduardo Gigirey, e convértese no referente da xenealoxía en español. Sigue a ser dos máis prestixiosos, e serve de gran axuda a persoas de todo o mundo. Na actualidade o grupo está administrado por Ximo Carrasco e Analía Montórfano, unha activista da xenealoxía que dende a Argentina mantén tamén a importante páxina en español Apellidos Italianos.

Anillo de Genealogía Hispana

Dende o seo do Foro de Genealogía, en 1999 Dora Dixon, dende Toronto (Canadá) crea El Anillo de Genealogía Hispana, que dun xeito similar a Cindy Howells comezará a construír o que é o maior directorio por categorías de xenealoxía da fala española. Tamén artella e coordina El Anillo, o que coñecemos na rede por WebRing, unha ferramenta que sobre todo nestes anos onde non existía o Google, facíase imprescindible para os novos autores web darse a coñecer.

Dora Dixon (Dixon polo esposo) en realidade Dora Sandín Agudiez naceu en Buenos Aires con antepasados en Zamora e Palencia, i é da súa propia investigación de onde naceu a súa paixón. Nos últimos anos destacouse por liderar o movemento "Petición a los obispados" de cara a que liberasen a prohibición ós mormóns de servir microfilmes nos seus centros que manteñen algúns bispos, e que é especialmente frustrante para os investigadores que están a miles de quilómetros dos arquivos, e para ós que unha viaxe non é calquera cousa.

Genealogía Hispana

Tamén no 1999, Luis del Pino lanza as súas páxinas de axuda e o listado de Apellidos con Expedientes de Hidalguía en la Real Cancillería de Valladolid, de gran interese xenealóxico. Genealogía española e hispana / Hispanic genealogy, son páxinas nos dous idiomas: español e inglés, e o primeiro Foro Yahoo de xenealoxía ve a luz Genealogía Hispana. Administrado na actualidade ademais do propio Luis del Pino por Mercedes Pablos, Luciana Freitas e Juan Carlos Lopez Carnicer.

Asociación Hispagen

Non será hasta o 2000 que naza do corazón do Foro de Genealogía Hispana, cos seus membros máis activos Hispagen, a primeira asociación española de carácter popular de proxección internacional, xa que asociacións si existían como a Real Academia Matritense de Heráldica y Genealogía fundada en Outubro do 1988 pero máis centrada nas liñaxes nobiliarias, pero que mantén unha activa presenza en internet cunha páxina web impulsada por Lola Duque de Estrada.

Bandeira de Galicia co escudo

Para Galicia o 2001 será o ano. En Maio, será novamente Claudio Fuentes, dende Ferrol, o que creará o grupo Genealogía de Galicia de Yahoo, que comezará a súa imparable andadura, sendo un dos máis activos grupos de xenealoxía de Yahoo na actualidade con 793 membros rexistrados (15-10-2005). A lingua preferente do grupo é o español, e na actualidade a propietaria e Mercedes de Pablos Figueroa.

Asociación de Genealogía Heráldica y Nobiliaria de Galicia

En Setembro nace a Asociación de Genealogía Heráldica y Nobiliaria de Galicia con Carlos Acuña Rubio de presidente e figura pública da Asociación. A forza da Asociación reside na súa implantación en determinados ámbitos, e na publicación anual do seu Boletín que recolle traballos dos principais investigadores galegos. Organizaron neste 2005, as VI Xornadas de Xenealoxía, Heráldica e Nobiliaria de Galicia que viñan celebrándose dende o 1989. Tamén teñen na actualidade en marcha un ambicioso proxecto de catalogación das pedras armeiras de todo o territorio galego. A presenza da Asociación en Internet virá con GaliciaGen (a día de hoxe 4-04-2006 fora de liña), pero non é moi importante de momento, sacando o acceso en liña a algúns dos bos traballos publicados nos seus Boletíns.

Xenealoxía.org. Investigando a Historia Familiar en Galicia

Y en outubro, logo de varias tentativas, arrinca Xenealoxía.org, da miña man, e como unha ferramenta en liña da que nos poidamos aproveitar tódolos investigadores. A lingua da páxina é o galego e o español, cunha interface ademais en inglés e portugués. Ten un crecemento rápido, chegando hoxe a 2.136 usuarios rexistrados (15-10-2005). A base do proxecto é unha web de caracter persoal sen ánimo de lucro e con burocracia cero, cos seus inconvenientes e avantaxes. A ferramenta a compoñen proxectos e iniciativas dirixidos polos usuarios, que dispoñen duns foros onde intercambiar opinións, aportar informacións ou debatelas.

Aquí deixo esta pequena historia onde non está todo o mundo, nin era esa a intención, por razóns de espazo. Son só uns highlights que para min marcan a recente historia da xenealoxía e Internet no noso entorno. Sería obrigado para os que chegáchedes hasta aquí con interese, dicirvos que agora a actividade xenealóxica na rede en español, debido fundamentalmente a acción dos membros de Hispagen, está focalizada nos grupos de xenealoxía de Yahoo, dos que aquí só nomeei o de Galicia, pero dos que existen un ou máis en cada comunidade autónoma i en cada país latinoamericano, pero que doadamente atoparedes seguindo calquera dos enlaces das páxinas de axuda antes mencionadas.

© Tódolos logos, imaxes e marcas aquí reproducidos son copyright dos seus respectivos propietarios.

Segue en A nosa historia

Anterior en Introducción

Ricardo Lago Couce. Historia Familiar. Saudade nº 4, novembro, 2005.